domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

XXXVI Día da Muiñeira de Carballo

04/xuño/2017 a 04/xuño/2017
4:00 h a 6:00 h
XXXVI Día da Muiñeira de Carballo
A AC Nemeth organiza o XXXVI Día da Muiñeira de Carballo o domingo 4 de xuño do 2017, a máis multitudinaria dos últimos anos. - Asistirán 452 participantes provintes dun total de 17 asociacións. Son as seguintes: AC Nemeth, AC O Candíl de Sísamo, AC San Campio de Cances, AC Xiradela de Arteixo, AC Donaire da Coruña, AC Raigañas de Cerqueda (Malpica), AC Xacarandaina da Coruña, AC San Martiño de Razo, SCF Veiga de Cotón de Negreira, AC Terras de Ames de Bertamiráns, AC Semente Nova de Perillo (Oleiros), AC Inllar do Couto (Ponteceso), AC Sta. María de Torás da Laracha, AC Fol de Neaño (Malpica), AC Terra de Sena de Cee, AC Ancoradoira do Burgo (Culleredo) e a AC Brisas do Quenllo da Pontraga (Tordoia). - As agrupacións reuniranse no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños ás 17:00 horas e ás 17:30 horas darán inicio ao desfile polas rúas de Carballo ata a praza do Concello. Alí ás 18:00 horas darase comezo aos actos centrais sendo o principal o baile conxunto ao son da “Muiñeira de Trasmonte”. - Ao finalizar o baile conxunto haberá entrega de merendas e agasallos para os participantes e asemade, diversas actuacións das distintas agrupacións participantes. Aproveitaremos para agradecer a colaboración do Concello de Carballo e dos corpos da policía local e protección civil e ó comercio local.
Comentarios