FSF: Superando o frío
07:03 24/01/17
Os bravos de Cee superaron o frío de Begonte
Reparto xusto de puntos para o Fisober emocionante e vibrante partido ante o Caceatense no Conco. Por primeira vez era quen de puntuarlle o Fisober como local as rioxanas, pero sigue sen poder gañarlle, mantendo unha relativamente cómoda situación no Grupo I da 2ª Estatal.
Na Liga Galega, non trouxeron nada positivo as rapazas do Semáforo da díficil saída a Bembrive. Un dos aspirantes á Liga, o segundo clasificado, puido cas bravas locais, que fixeron un gran partido no que mereceron máis. Para bravos, os mozos ceenses que puxeron o forro polar para superar as baixas temperaturas de Begonte para volver gañar e manter unha fantástica 6ª posición a só 4 puntos dos líderes.
Xa na Liga Provincia, o Ponteceso FSF mantense como líder provisional da categoría tras sumar unha nova vitoria. Non sumou o Atletes.
2ª División Estatal, Grupo I, xornada 16
Fisober no Conco
- Resultado: FISOBER F.S.F. – CALCEATENSE (3-3)
- FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Ana, Inés, Noe; tamén xogaron: Mai,Laura, Tamara, Bárbara.
- Goles: 0-1 min.2 Rut, 1-1 min.8 Ana, 2-1 min.14 Inés, 2-2 min.20 Silvia, (descanso), 2-2 min.36 Silvia, 3-3 min.37 Paula Fandiño.
Ana celebra un gol co Fisober
Partido vibrante, emocionante e cheo de ocasións no Conco, con alternancias e golazos. Se cadra non foi o mellor partido de fútbol sala, pero si que deixaron todo o seu esforzo sobre a pista para que o moito público asistente a Dumbría se enganchase o fútbol sala. Quizais un empate xusto polo visto sobre a pista.
O partido non puido arrancar peor para o Fisober xa que os dous minutos Rut poñía en vantaxe as visitantes cun auténtico golazo. Tocáballe remar as costeiras en contra do marcador. Non tardou moito en igualar o Fisober xa que os seis minutos a local Ana aproveitaba unha indecisión na saída de balón das rioxanas para poñer de novo táboas no electrónico. O partido tiña ritmo e non tiña un dominador claro. Nuria tiña a mellor ocasión visitante nesta primeira metade. A seis para o fin da primeira metade chegaba outro dos golazos da tarde, desta vez obra de Inés para poñer por diante ao Fisober. Pouco despois era Mai a que tiña unha boa ocasión para as locais. E cando parecía que se ía chegar con vantaxe o tempo de lecer, despois dun saque de esquina a visitante Silvia devolvía as táboas o marcador a falla de dez segundos.
A segunda metade foi incluso máis vibrante que a primeira. Aos catro minutos dispuñan as rioxanas dun libre indirecto despois dunha cesión que resolveu o equipo local con solvencia. Pasaban os minutos e disfrutaban os entregados siareiros do partido. Mediada esta segunda metade aparecía a figura de Mai que tiña dúas grandes ocasións. O resultado non se movía ata que de novo nunha xogada de pizarra aparecían as visitantes para poñer o 2 a 3 a falla de catro minutos por mediación de novo de Silvia. Todo parecía máis escuro para as costeiras. E desta vez aparecía Paula Fandiño para sacarse un golazo de forte disparo e devolver a igualada o marcador. En plena efervescencia do gol e expoleadas polo público chegaron os mellores minutos do Fisober. De novo Paula Fandiño, Inés e Noe puideron adiantar o Fisober, pero a porteira visitante evitouno. E cando parecía que se ía chegar o final con igualada na última xogada do partido tiveron a vitoria as visitantes, un lanzamento o trabe e unha parada salvadora de Leti no rexiete evitárono.
A vindeira semana non haberá liga debido os partidos de seleccións autonómicas e a liga volta dentro de 2 semanas ca visita a Bilbao.
Paula e Barbara co Fisober no Conco
Liga Galega Feminina, xornada 14
- Resultado: Bembrive FS - FSF Villa de Cee “O SEMAFORO” (3-1)
Entraron algo frías as ceense na pista, en consecuencia a iso nada máis comenzar o partido e no primeiro minuto recibían o primeiro gol. Pero enseguida se repuxeron e fixeron unha primeira parte moi seria, defendendo ben ante un rival que tocaba rápido o balón. Tiveron as visitantes bastantes ocasións pero a boa labor da porteira local e os paus impedían o gol do empate, que si chegaría antes do descanso, por medio de Adriana.
Na segunda parte o xogo estaba moi equilibrado, pero aos poucos minutos nunha contra logra marcar o 2-1. Non decaeron as de Juan Jesús, aínda que se atoparon con un bo rival en defensa que abusaba das faltas ca permisividade dun arbitro moi caseiro, que igual que na primeira parte chegou a comerse al menos con dous dobre-penalti. Xa cara o mediado da segunda parte, noutra contra, as de Bembrive marcan o 3-1 definitivo, aínda así os últimos minutos apertaron as ceenses, pero sen conseguir premio.
As entreliñas son 3* Goreti, 2* Vanesa, 1* Andrea.
A vindeira semana toca recibir na casa os veciños da Coruña Viaxes Amarelle, partido entre dous rivais moi igualadas na táboa da clasificación.
Liga Galega Masculina, xornada 16
- Resultado: Concello de Begonte F.S. - F.S.F. Villa de Cee (3-7)
Liga Provincial Feminina, xornada 14
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Troula Betanzos FS (3-1).
- A.D.VILA DEE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, María, Carmen e Verónica -tamén xogaron- Nuria, Martina e Sandra.
- Goles: Aniña (2) e Martina.
Liga Provincial Feminina, xornada 14
- Resultado: A.D. Atletes - Cruces, F.S.F. (3-7)
- A.D. Atletes FSF: Martina (P); Bárbara (1); Cris; Julia; Marta; Alba; Antía (1); Ana (1); Ainoa.
Boa entrada no Pavillón de Esteiro na mañá do domingo para ver un bo choque. As de Esteiro aguantaron moi ben na primeira parte do encontro. Nesta primeira metade o Cruces chegou a ir con un tres a cero o se favor. Pero en unha gran remontada, ó Atletes conseguiu igualar o encontro, deixando o descanso un resultado de empate a tres.
Só transcurrirá un minuto de xogo e xa marca o primeiro gol o Cruces. A figura do encontro, Ana, marca o primero gol. Aos cinco minutos desta primeira parte, volve a marcar Ana; e de novo no minuto 10 do partido, pon o marcador tres a cero a favor do Cruces. As esteiranas non se amilanan, e no minuto 12, marca Antía para o Atletes. No minuto 15, o saque dunha falta marca Bárbara para as de Esteiro. O Atletes volcase sobre a portería das de Cruces, pero as boas intervencións da porteira, Giselle, impiden que o Atletes aumente o seu marcador. Sin embargo, faltando un minuto, Ana saca un saque de esquina, e as de Cruces meten o balón na súa portería, deixando o resultado no descanso con empate a tres. Na segunda parte as de Esteiro vólcanse sobre as de Cruces, pero a veteranía e clase das de Cruces impídenlle que as de Esteiro consigan marcar. Os 4 minutos consigue o cuarto gol para as de Cruces, Ana, de novo. Un gran tiro desde 15 metros que se cola na porta das de Esteiro. O Atletes insiste, pero, os nove minutos volve a marcar o quinto tanto para o Cruces, Begoña, outra das destacadas do equipo visitante. O Atletes insiste, e dispoñen de ocasións claras; Bárbara por tres veces, Ainoa por dúas, pero outra das destacadas do Cruces, a súa porteira, Giselle, infranqueable, impide que as de Esteiro marquen. O Atletes vaise rindindo, e nos minutos 13 e 15 marcan para o Cruces, Begoña e Clara. O Cruces mostrouse coma un equipo veterán, pero con clase e dominio do xogo, Ana, con catro goles; a porteira Giselle, Begoña e Nancy foron as destacadas. Polo Atletes, non destacaríamos a ningunha, na primeira metade mostrou voluntade e ganas, pero na segunda baixou os brazos demasiado cedo, o que lles permiteu as de Cruces levalo partido de forma bastante fácil.2ª División Estatal, Grupo IV, xornada 16
- Resultado: CDE Mora FSF - Viaxes Amarelle FSF (2-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, Dolo, Lago (cinco inicial), María Gómez, Alba, Laura Tesouro, Xiana, Aida.
- Goles: 0-1 María Gómez (min. 23); 1-1 Laura (min. 27); 2-1 Ana María (min. 37).
Patri, segunda pola esquerda, co Viaxes ante o Mora
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, comezaba esta tarde a segunda volta da competición coa intención de recortar distancias co máis alto da táboa, e malia que empezou adiantándose no marcador, o conxunto herculino acabou cedendo unha derrota pola mínima, tras caer 2-1 ante o que ata hoxe era o colista do grupo, o CDE Moura FSF.
Partido onde as herculinas non conseguiron atopar o ritmo e o bo facer sobre a pista, e onde acabaron pagando caro os erros ante un rival, que a priori non debía complicarse en demasía, e ao que na primeira volta gañaran por un cómodo 5-0, pero xa se ve que non hai rivais fáciles e si non pos toda a carne no asador acábalo pagando moi caro.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).