Galicia vístese de verde polo Monte Pindo
Monumentos galegos de Verde polo Monte Pindo Parque Natural
Mentres celebran durante este sábado as actividades do 5º aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, a entidade saborea o feito de ter comprometido a todo o país ca loita.
Así o demostrou esta acción conxunta e tremendamente simbólica polo patrimonio natural galego. A entidade conseguiu que vilas de todo o país celebrasen os 5 anos da loita, iluminando de verde os seus monumentos. Un evento que serve de chamada de atención á Xunta para que dunha vez se aveña á protección do Olimpo Celta, ademais de ratificar o seu compromiso co medio ambiente.
Así, na noite de onte vestiron de verde edificios como a Casa Consistorial de Santiago (o Pazo de Raxoi, no Obradoiro), a Casa Consistorial de Pontevedra, o Castelo de Vimianzo, O Castelo de San Carlos de Fisterra (O Faro non ten iluminación nocturna…), a fonte de 4 Camiños da Coruña, a Muralla de Lugo, “O Artefacto” (a estatua da rotonda de Vila de Negreira) de Carballo, ou a Praza de Armas (e Casa do Concello) de Ferrol.
Unha verdadeira demostración que a sociedade civil galega aposta polo desenvolvemento sostible e pola conservación dos nosos espazos naturais singulares.
Novas relacionadas
- Pepe do Fieiro será homenaxeado no V Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?.
- Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Sen novas dos traballos de recuperación do Monte Pindo dous anos despois
- Máis de setenta aves habitan o Monte Pindo
- Agosto 2015: Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros
- Agosto 2015: Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Marzo 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Monte Pindo Parque Natural