Carnota xa mira polo Día de Rosalía e a Mostra Víndemo Ver
Varias accións ten postas en marcha o Concello de Carnota.
Día de Rosalia
O Concello de Carnota achega o legado de Rosalía de Castro aos centros de ensino do municipio. O 23 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, referente indispensable do panorama cultural e literario galego. Un ano mais, o Concello de Carnota, a través do Servizo de Normalización Lingüística, súmase á conmemoración do Día de Rosalía cun programa de actividades destinadas a homenaxear a escritora máis universal de Galicia e fomentar e pór en valor o seu legado, especialmente no ámbito da mocidade e a infancia.
- Rosalía oculta: obradoiro de banda deseñada con Paula Mayor: O luns 9 de febreiro, o alumnado do IES Lamas de Castelo mergullarase na traxectoria vital e literaria de Rosalía de Castro e no mundo da banda deseñada, da man de Paula Mayor, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada en 2023 pola súa obra Rosalía oculta, que mostra unha Rosalía, combativa, inconformista e crítica coas ideas e valores conservadores do seu tempo.
- Os cantares de Rosalía: espectáculo musical de María Faltri e Reynier Aldana. O 23 de febreiro, Día de Rosalía, o alumnado de educación infantil de primaria do CEIP de Carnota e o CEIP do Pindo reunirase en Carnota para gozar dos Cantares de Rosalía, con María Faltri e Reynier Aldana. Un espectáculo que bebe da obra de Rosalía de Castro, para gozar da música, da poesía e da palabra.
XIII Víndemo Ver – Mercado da Deputación

Ademais o Concello abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no XIII Víndemo Ver. As solicitudes deberanse presentar antes das 23:59 horas do luns 02 de marzo de 2026 dende a web municipal:
Excursión a San Andrés de Teixido
O Concello de Carnota organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o domingo 8 de marzo. A actividade está dirixida á veciñanza de todas as idades.
Tendes toda a info: