Martes. 07.05.2024
El tiempo

Hadrián e Nieves unen 1000 mans por unha Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria decente

Hadrián e Nieves unen 1000 mans por unha Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria decente
Hadrián e Nieves unen 1000 mans pola Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria Hadrián e Nieves unen 1000 mans pola Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria Momento reivincidativo este pasado sábado #12do12ás12. Mentres en Santiago mariñeiros do cerco e as súas mulleres facían especial o día número 53 acampados diante de San Caetano, por Malpica a cousa ía en materia educativa. O obxectivo, parello, facer escoitar ao goberno da Xunta as demandas da sociedade galega. Alentados pola capacidade mediática do caso da familia malpicá de Nieves Villar e Hadrián Antelo, as Anpas Galegas convocaban na vila bergantiñá unha cadea humana por unha Atención Educativa Domiciliaria e Sanitaria decente. E a comunidade educativa, pais, nais, alumnos, veciños… respostaron. De toda Galicia chegaron familias enteiras para cubrir un metro máis desa cadea humana. Cadea Humana en Malpica-Foto-Andres Vizoso Cadea Humana en Malpica-Foto-Andres Vizoso Cadea Humana en Malpica Máis de 1000 persoas, segundo a propia Policía Local, unían as súas mans para facer unha cadea humana de máis dun quilómetro, dando conta do poder da unión social. A petición das ANPAS Galegas é clara, e vai en sintonía ca data: 12,5 horas lectivas semanais na casa ou no Hospital para cada neno enfermo. Só falta que a Xunta teña a ben escoitar as demandas, porque non parece que sexa un problema de falta de profesores como xa quixeron excusar. Tamén intentou a Xunta presentar un protocolo de 5 páxinas nos que esquecen a atención hospitalaria por completo, por iso piden que a Xunta convoque xa unha mesa na que estean familias, profesionais da educación, da saúde, técnicos da administración, e todos os sectores implicados para garantir un dereito tan fundamental como é a educación. Máis se cabe aos pequenos enfermos. E como non, lembráronlle ao Conselleiro que aínda ten unha reunión con Nieves pendente, despois de deixala prantada….
  Antecedentes Durante o discurso, as ANPAS recordaron que esta loita iniciada gracias á vontade da ”madre coraxe costeira”, lembra aquela que en 2001 e 2002 se viviu en Vigo. Daquela, a comunidade educativa conseguira que, por primeira vez, a administración educativa galega recoñecese o dereito á atención educativa hospitalaria e domiciliaria aos alumnos que por mor dunha longa enfermidade non poidan asistir a clase, como é o caso de Hadrián, afectado de leucemia. Naqueles intres foi un gran logro pero, “hoxe, 13 anos despois, a regulación é aínda máis xenérica que antes”. O Decreto da Consellería de Educación 229/2011 só lle dedica un artigo a esta problemática, e non existen norma nin procedementos orbigatorios para as distintas administracións, nin dereitos concretos que protexan ao alumnado nin ás familias”. Nieves falou en Malpica Nieves falou claro en Malpica Novas relacionadas Fonte 

Comentarios