Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: O 'Baiern' xa domina

Liga da Costa: O 'Baiern' xa domina
Son xa catro as vitorias consecutivas do novo líder da categoría, que aproveitou o patinazo do Castriz nas Pedreiras de Verdillo; e o Cerqueda sigue o mesmo ritmo para deixar a todos boquiabertos O Ponteceso superou ao Buño no derbi - Foto: Antelo O Ponteceso superou ao Buño no derbi - Foto: Antelo Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Corcubión 1-4 Mazaricos Campo: Cubaleiro Corcubión: Beto, Mario (Roi m.60), Alan (Xabi m.79), Sebas, Antón Lestón, Lema, Gabi, Adrián, Tito (Abelleira m.66), Nes e Pablo Castro Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín (Martín m.82), Matías, David Lema, Ricardo (Brais m.83), Molinos (Raúl m.80), Estéfano, Dani Martínez (Diego Maneiro m.67), Manuel Luis (Chenel m.73), Pereiro e Esteban Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Goles: 1-0 m.9 Antón Lestón; 1-1 m.10 Estéfano; 1-2 m.23 David Lema; 1-3 m.60 Matías; 1-4 m.67 Manuel Luis Un tiro no pé Recuperou a súa mellor imaxe o Mazaricos a costa dun Corcubión que propuxo tantas cousas para vencer como para non facelo, e acabaron por ser máis poderosas as segundas. Os locais tocaron ben de inicio, avisaron cun disparo de Antón e adiantáronse con outra volea do reubicado canteirán. Pero todo o camiñado na boa dirección foi de balde uns segundos despois, con saque de centro e gol por parte do Mazaricos. Iso, e máis un par de indecisións do meta Beto á hora de sacar a bola xogada foron unha peaxe demasiado cara ante un rival coa experiencia dos amarelos. O segundo acto foi un exercicio de administración da vantaxe e os tempos correctos dun encontro encarrilado por parte dos de Néstor Romero. Porteño 3-3 Corme Porteño e Corme deixaron un partidazo - Foto: CF Porteño Porteño e Corme deixaron un partidazo - Foto: CF Porteño Son varios xa os pinchazos inesperados do Corme - Foto: Fin Lema Son varios xa os pinchazos inesperados do Corme - Foto: Fin Lema Campo: A Grixa Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Carlos (Mario m.71), Cousillas, Porto, Wii, Marcos, Adrián García, Cachi e Caamaño Corme: Susiño, Jesús (Martín m.63), Alejandro (Sergio m.63), Pandi, Toniño, Eloy, Diego, Adrián Doldán (Brais Torrado m.86), Alejo, Lucas e Brais Corral Árbitro: Castro Alarcón (A Coruña). Amonestou a Pejo, Cachi, Wi, Carlos, Martín, Mario, Xoel e Cousillas do Porteño; Sergio, Adrián Doldán e Pandi do Corme Goles: 1-0 Carlos, de penalti; 1-1 m.54 Alejo, de penalti; 2-1 m.56 Marcos; 3-1 m.86 Porto; 3-2 m. 88 Pejo, en propia meta; 3-3 m-90 Sergio Para facer unha película Remontadas, paróns por incidentes, polémica e alternativas nas áreas. Houbo de todo no Porteño-Corme, que acabou cunha case sorpresa, aínda que moito menor do que parecía a uns minutos do final. Os locais xogaron un dos seus choques máis intensos e completos, ante un rival por momentos descoñecido. Todo concentrouse nunha segunda metade incrible. Primeiro, intercambio de golpes aos penaltis, incluido o suspense no de Alejo, con carambola e todo. Marcos faría o segundo pouco despois coa colaboración dun defensa e a oportunidade de réplica a marraba Lucas, que batía contra o pau na súa tentativa. Previo ao terceiro golpe do Porteño, o equipo vermello pediría tamén un penalti sobre Pejo (e un tanto anulado tamén ao zagueiro), aínda que se desquitaría a parroquia co posterior gol de Porto, desde o borde do área. Parecía morto un Corme que non xeraba o perigo doutras ocasións, pero que tirou de garra e fe para polo menos salvar un punto Un autogol do omnipresente Pejo, e un rexeite aproveitado por Sergio, levaron as táboas a un choque que chegou estar detido dez minutos por un altercado/discusión entre o visitante Toniño e un seareiro porteñista. Baio 3-1 Esteirana Campo: Platas Reinoso Baio: Julián, Isaac, Yago, Porto, Luis, Fachal, Norber, Martín (Moreno m.67), Rubio (Peke m.67), Martín MC (Costiña m.89) e Santi Díaz (Ramón m.86) Esteirana: Roberto, Damián Suizo, Eloy Veloso, Martín, Álex (David m.85), Adrián, Pablo Rama (Iker m.72), Eloy (Brais m.75), Codesido, Jaime e Simón Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Goles: 1-0 m.12 Santi Díaz; 2-0 m.79 Santi Díaz; 2-1 m.85 Martín, de penalti; 3-1 m.90 Eloy, en propia meta Sufrir, resistir e vencer Non foi de forma placentera o triunfo que aupou ao Baio á cabeza da Liga da Costa. Saiulle respondona a Esteirana a un conxunto que, pese a todo, leva cinco triunfos consecutivos. Santi Díaz, protagonista absoluto do encontro, asinou un madrugador tanto que parecía ser un billete á tranquilidade. Error. Os visitantes medraron e medraron, e viron como a zaga baiesa lle sacaba un balón baixo paus e outro marchaba fóra por pouco. Tampoco nas que tiña acertaba a resolver o líder, que bailou ao son de MC e Santi. O canteirán facía os segundo a falta de dez minutos, tras centro de Moreno. Martín, de penalti, recurtaba e devolvía a incertidumbre a unha cita morrería finalmente na prolongación, co terceiro local.
Malpica 1-0 Camariñas Campo: A Pedra Queimada Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Marcos, Mario Casal, Isma, Jose Luis, Alberto (Sotelo m.65), Álex Márquez (Cristian m.90), Eloy Cabeza, Cololo e Diego Casáis Camariñas: Álvaro, Sergi (Rodri m.67), Gabri, Moriño, Nazo, David, Yuyo, Antelo, Pablo Suárez /(Pablo Mouzo m.46), Nico e Maikel (Brandon m.62) Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Alberto, Jose Luis, Eloy Cabeza, Óscar Moscoso, Isma do Malpica; Yuyo do Camariñas Gol: 1-0 m.65 Álex Márquez Un que nunca falla Álex Márquez, que xa na recta final da pasada tempada foi das mellores novas do Malpica, deulle a vitoria aos seus sobre un Camariñas que distou notablemente do que vencera ao Ponteceso sete días atrás. Resultou o da Pedra Queimada un encontro sen demasiadas oportunidades de perigo e no que se impuxo a sobriedade local. Ponteceso 2-1 Buño O Buño volveu competir ben nun derbi - Foto: Antelo O Buño volveu competir ben nun derbi - Foto: Antelo Campo: O Pinguel Ponteceso: Brais, Martín Puente (Cotelo m.66), Matías, Nando, Alberto Recarey (Gurita m.76), Dieguito (Youssef m.88), Jose, Ismail, Mendieta, Mara (Charro m.71) e Charly Buño: Toni, Miguel Dourado, Aitor (Fran m.63), Mario, Pablo Canedo, Emilio, Adrián, Dani Calvete, Richard, Jorge Calvete e Martín (Jordan m.21) (Dimitri m.56) Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Goles: 1-0 m.24 Mara; 1-1 m.81 Richard; 2-1 m.83 Dieguito Unha falta para esquecer penas Dieguito, de libre directo, deulle un triunfo chave ao Ponteceso, co que o equipo de Barca deixou atrás as sensacións da derrota en Camariñas. O importante era vencer, e conseguiuno. Mara, no primeiro acto, fora capaz de superar a resistencia do Buño que empezou con cinco defensas e deixou poucos espazos. Cando o choque encaraba a recta final, un balón ás costas da zaga pontecesán permitiulle a Richard equilibrar o marcador. Foron uns segundos, ata que unha bola parada permitiulle a Dieguito tirar de clase para resolver e mudar unha dinámica negativa. San Lorenzo 4-0 Castriz Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto (Puyi m.77), Rubén Varela (Dani Rey m.80), Kevin, Rudi, Juanjo, Pablo (Diego m.67), Dani Pena, Parafita, Juni, Fuentefría (Samuel m.72) e Álex Taibo Castriz: Herrera, Martín (Luis m.65), Carlos, Álex, Nakata, Raúl (Matías m.60), Adrián, Marcos (Mata m.46), Kevin (Pablo m.46), Steven e Iván Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Steven do Castriz Goles: 1-0 m.52 Parafita; 2-0 m.53 Parafita; 3-0 m.66 Fuentefría; 4-0 m.70 Fuentefría En busca do líder perdido No foi un retrato do líder fiable que parecía un Castriz perdido e fallón en Verdillo. Serviulle a cita para recuperar a confianza ao San Lorenzo, derrotado unha semana atrás en Buño. Os locais dominaron nun primeiro acto no que erraron un penalti e unha ocasión en boca de gol. Xa na reanudación, un cabezazo Parafita primeiro e un acerto deste tras un balón mal despexado pola defensa xalleira deixaron o partido resolto en boa medida. Sería Fuentefría o seguinte bigoleador, tras un par de tímidos achegamentos do Castriz. O 10 verdillés aproveitaría un dobre desaxuste defensivo para selar a goleada dun San Lorenzo moi superior. Cerqueda 2-1 Unión Club Cee Campo: Xaviña Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Fran, Martín, Lorenzo, Dani Mato, Iván Mato (Cristian m.23), Jonás (Eloy m.62), Miguel Ángel Sergio e Adrián (Athu m.75) Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Jose, Esteban (Chiru m.70), Javi (Javi Calo m.46), Carlos Leis, Leo, Juan Bello e Martín (Penedo m.61) Árbitro: De Veiga Domínguez (A Coruña). Amonestou a Cristian, Miguel Ángel e Eloy do Cerqueda; Esteban e Carlos Leis do Cee Goles: 0-1 m.52 Nico; 1-1 m.77 Martín; 2-1 m.80 Eloy Remontada para seguir olliplático Cinco de seis vitorias xa para un Cerqueda histórico e que onte remontou ante o Unión Club Cee. Aos branquiazuis fáltalles pegada e profundidade. Por exemplo, no primeiro acto tiveron máis posesión, pero menos oportunidades. Despois do tanto do carnotán Nico para o 0-1 foron chave os dous pasos atrás do Unión. Con fe e unha dinámica positiva `ás costas, os locais conseguiron voltear o marcador en só tres minutos, ante unha zaga rival que tampouco tivo o seu mellor día. Laxe 1-4 Coristanco Campo: Cabo D'Area Laxe: Lamas (Jacobo m.59), Jose, Aarón, Naya, Borja Iglesias, Saleta (Pedro m.71), Santi, Omar (Bras m.55), Pablo Fuentes (Álex m.26), Reigía (Esmorís m.30) e Felipe Coristanco: Brais, Álex Mato, Gustavo, Jonathan, Javi, Pazos, Jorge Lorenzo, Álvaro (Añón m.60), Marcos Corral, Cristian (Gonzalo m.65) e Fabio Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Expulsoy a Naya, do Laxe (m.70). Amonestou a Borja, Reigía e Álex do Laxe; Cristian, Jonathan e Fabio do Coristanco Goles: 0-1 m.6 Jorge Lorenzo; 0-2 m.47 Álvaro; 0-3 m.67 Añón; 1-3 m.83 Felipe; 1-4 m.87 Añón Ante rival directo Acadou un triunfo importante o Coristanco na súa visita ao Laxe, rival directo pola permanencia. Os pataqueiros adiantáronse moi cedo e aproveitaron tamén unha mestura de contratempos e erros de bulto por parte local. Baíñas 4-1 Monte Louro Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Pablo Riveiro, Braulio (Héctor m.50), Esteban, Jose Antonio, Jaime (Oreiro m.54), David Blanco, Canay, Damián (Iván m.68), Felipe e Cristian (Samuel m.46) Monte Louro: Isma, Gabi (Cristian m.79), David, Manolo Chouza, Jose, Adrián, Raúl, Yeray (Canelo m.68), Geiko, Riki e Juan Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Goles: 1-0 m.7 Jaime; 2-0 m.30 Pablo Riveiro; 3-0 m.33 David Blanco, de penalti; 4-0 m.78 David Blanco; 4-1 m.81 Geiko Demasiada diferencia Non houbo cor entre Baíñas e un Louro no que ademais faltaban algúns homes importantes, como Gelo ou Dani de Sahorta. Os locais sentenciaron en media hora, e destacou por enriba de todas a figura dun David Blanco que empeza a coller a xeira da pasada campaña.

Comentarios