venres. 09.05.2025
El tiempo

Luz verde á mellora do saneamento da rúa Manuel Lago de Fisterra

Luz verde á mellora do saneamento da rúa Manuel Lago de Fisterra
Beatriz Mato e José Manuel Traba mantiveron unha reunión para darlle solución ao problema Beatriz Mato e José Manuel Traba mantiveron unha reunión para darlle solución ao problema “Era un asunto que levaba tempo sobre a mesa e que se agravou nas últimas datas. O que fixemos é falar coa conselleira para acelerar a solución”, asegura José Manuel Traba, portavoz do PP de Fisterra, tras a reunión que mantivo coa conselleira Beatriz Mato. A titular de Medio Ambiente confirmou que Augas de Galicia levará a cabo o proxecto para mellorar o saneamento na rúa Manuel Lago. Mato aproveitou o encontro para explicarlle ao portavoz popular que a obra, que conta cun orzamento superior aos 275.000 euros, ten todos os permisos para ser licitada, á espera de recibir o informe de Portos de Galicia, para, posteriormente, executala tal e como proxectara - segundo afirman nun comunidado de prensa -o anterior goberno local do Partido Popular encabezado por José Manuel Traba. “Trátase dunha actuación fundamental e que permitirá solucionar parte dos problemas que se xeran en Fisterra cando sufrimos choivas fortes como as das últimas semanas”, asegurs Traba, quen fixo fincapé en que foi o seu goberno o que xestionou todos os permisos necesarios para poder desenvolver a obra. Inundacións na lonxa O portavoz dos populares subliñou que os veciños os contactaron co PP para tratar de acelerar a solución ao problema do saneamento da rúa Manuel Lago, despois de que se inundara a sala de poxas da lonxa tras as fortes choivas das últimas semanas. Por último, o portavoz dos populares en Fisterra agradeceu o compromiso e a sensibilidade mostrada pola Xunta para poñer solución a este problema. “Mentres que o goberno local se dedica a organizar manifestacións, ten que ser a oposición a que busque solucións aos problemas do pobo”, matiza na nota de prensa. “Ademais de queixarse e de evitar responsabilidades, o alcalde podería preocuparse, polo menos, de saber como está a tramitación de proxectos tan importantes como o da rúa Manuel Lago”, conclúe Traba no comunicado emitido onte. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PP Provincial
   

Comentarios