venres. 02.05.2025
El tiempo

Música solidaria para o Mercado de Abastos de Muros

Música solidaria para o Mercado de Abastos de Muros
Concertos no Mercado de Abastos de Muros

Fantástica parécnos a iniciativa da xente da Sala Nasmo de Muros. Levar a música ata o mercado de Abastos parécenos un acerto. Ademais, se a causa é solidaria, un acerto ao cen por cen.

Varias finalidadse ten a serie de concertos acústics que están a armar: dinamizar e potenciar o mercado e difundir a música dos rapaces da zona. Ademais, a campaña serve para visibilizar o traballo da Asociación Animalista Anajata, que tamén prepara unha manchea de actividades para eses días.

A primeira cita será o 27 de febreiro, a partir das 21:00h, con José Regueira Candamo.

O sábado 5 de marzo tocan á mesma hora CISMA, dúo formado por Xakín Martínez Maceiras e Chema Caamaño.

E pechan a primeira rolda de concertos solidarios, o sábado 12 de marzo, os amigos Alfonso Gallardo Lago e Alberto Romero Pedrosa, que forman Maestro Romero, cos que xa temos falado, e que aquí vemos:

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios