![Unha imaxe Muros SD da tempada 2013-2014 co propio Bibi, segundo pola esquerda na fila abaixo-Foto-JP]()
Unha imaxe Muros SD da tempada 2013-2014 co propio Bibi, segundo pola esquerda na fila abaixo-Foto-JR
Non será o
Muros Sociedade Deportiva, pois aínda hai débedas que impiden que volva a ser unha realidade esa entidade creada en 1979 e desaparecida en 2014, despois dun derbi ante o Volantes que rematou empate a 1 cos dous equipos ao fío do descenso.
Pero volve á competición o equipo da capital muradá. Desta volta, o equipo chamarase
Club Deportivo Muros, e volverá vestir de
celeste (camiseta celeste, pantalón branco e medias celestes).
Levan semanas esperando a confirmación por parte da Xunta, e parece que a documentación está lista. Queda recibila aprobación definitiva para prodecer á formalizar a inscrición na Real Federación Galega de Fútbol como novo equipo da 3ª Galega.
Manuel Caamaño (Manolo da Serra pola volta) e Benancio, xunto cun grupo de rapaces que queren xogar, están traballando para poñer todo a andar, comezando pola “burrocracia” e o adestrador. “Moito choio de dios, estas cousas son moi complicadas e non hai moita xente disposta a traballar”, recoñece o propio Caamaño, dando conta da importancia desas directivas que tanto fan, dende a sombra, para que luzca o fútbol modesto.
Ao mando da nave, deportivamente falando, sentarase
Bibi. O ex xogador e adestrador dos xuvenís do equipo celeste, afronta este reto con ilusión.
Máis información
Máis movementos de verán
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).