O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande


Días sen parada estes para os traballadores de Ferroatlántica, temerosos de que unha posible venda das centrais hidroeléctricas do río Xallas poña en perigo os 400 postos de traballo directos e un importante número de indirectos. Unha situación podería, segundo os máis pesimistas poñer en perigo a continuidade das fábricas de Cee e Dumbría, un dos principais motores económicos da comarca da Costa da Morte, debido a que a xeración de enerxía hidroeléctrica é unha das vantaxes estratéxicas destas fábricas, e unha segregación podería supoñer un futuro peche.
Así este mesmo martes 25 de outubro protagonizaron unha concentración diante dos edificios administrativos de San Caetano en Compostela para reclamar ao Presidente da Xunta que atenda a solicitude de reunión. Ademais, o Comité de Empresa esíxelle a Feijoo que “interveña, en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribúe o Estatuto de Galiza, para paralizar cautelarmente a operación prevista de venta por parte de Ferroatlántica dos seus activos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande do Porto”.
Así llo expuxeron no escrito que hoxe remitiron por Rexistro Xeral a Alberto Núñez Feijoo, a quen demandan tamén que, de xeito cautelar, "suspenda as concesións administrativas que Ferroatlántica ten deses aproveitamentos hidroeléctricos”.
”A non segregación”
A clave pode estar no documento de inscrición dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande do Porto, no que figuran as condicións de non segregación en sociedades distintas "para salvagardar o interese público e condicionando que a produción de enerxía estea vinculada aos usos industrias das fábricas”.
Ademais, para a autorización definitiva dos aproveitamentos hidráulicos en marzo de 1994 (cando o Grupo Villar Mir se fai co complexo industrial e as centrais), a Xunta de Galiza esixiu ao comprador un Plan de Viabilidade "que garanta a solvencia na explotación conxunta da explotación de enerxía eléctrica e ferroaleacións”.
Van máis alá dende o Comité e critican que “o verdadeiro interese do Grupo Villar Mir foi en todo momento converter as centrais eléctricas, até agora destinadas finalistamente á provisión de enerxía ás fábricas de Cee e Dumbría, en meras produtoras de enerxía eléctrica para a súa especulación e venda no mercado”.
Por iso, o Comité esixe “á Xunta que manteña as condicións de non segregación das centrais e fábricas, xa que esta vinculación serviu de base á autorización administrativa para a explotación dos recursos naturais, de xeito que se preservara o seu interese público. Na mesma liña, a representación dos traballadores e traballadoras demanda un compromiso por parte da Xunta "de que en ningún caso ningún cambio de titularidade dese complexo industrial e enerxético suporá a súa segregación”.
Novas relacionadas
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)