domingo. 18.05.2025
El tiempo

O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura

O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura

    O Concello de Vimianzo terá que abonar unha indemnización de 740.000€, máis os intereses, á empresa Manuel Rodriguez Lema SL, por uns traballos na Casa da Cultura que non constaban no proxecto inicial. Así o determinou a xustiza trala denuncia da empresa, propiedade do irmán do alcalde, nun novo episodio esperpéntico de política de obras municipal.

    A empresa abríu un contencioso administrativo contra o concello no 2008. O informe pericial á instancias do propio concello realizado polo arquitecto Enrique Roel determinou que as obras costan o que pide a empresa vimiancesa.

    A oposición quere un pleno

    Queren os dous grupos da oposición que se celebre un pleno extraordinario, antes dos vindeiros 15 días, para tratar o asunto e presentar un novo recurso.

    O Xeriátrico non abre

    E se o pasado 28 de outubro a Xunta anunciaba que o Xeriátrico abriría na primeira quincena de novembro, xa temos o primeiro retraso. A ver canto dura.

Comentarios