![O Faro Fisterra acolle a exposicion Reborn Bones]()
O Faro Fisterra acolle durante estes días a exposición Reborn Bones
Unha singular exposición, composta por 39 esculturas, pode visitarse durante este días no
Faro de Fisterra.
"Reborn Bones" é unha colección de esculturas realizada con osos de animais mortos de xeito natural e que representan seres mitolóxicos, fadas, duendes, criaturas de películas, versións de algúns cadros de Leonardo Da Vinci,... O creador destes esquelos imaxinarios é Alberto García, natural de Lalín.
Por outra banda, a
Lonxa de Fisterra acolle ata o vindeiro 31 de marzo a exposición de pintura do Viacrucis en Galicia, "O Camiño da Cruz", de Benito Paz Trelles. O horario de visita é de 16 a 19:30 horas.
Novas relacionadas sobre a Semana Santa en Fisterra
Fonte
Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)