O #InForum céntrase en xerar emprego no local


Xa temos data para o próximo ciclo de charlas #inFórum de Carballo. Do 7 ao 10 de marzo, o Fórum carballés acollera interesantes charlas, que tomarán o relevo das exitosas citas do ano pasado sobre a superación da discapacidade e sobre as redes sociais.
Este ano toca falar en materia laboral e de igualdade. Un día de microcharlas enfocadas a buscadores de emprego, outro a empresarios e outro sobre igualdade de xénero, pero sobre todo, pensando en Xerar emprego no local, de aí o nome das charlas, o “workIN Carballo”.
Xa podes inscribirte chamando ao 981 709 0121 ou enviando un email a forumcarballo@gmail.com.
Buscas emprego?
Se es usuario/a da BDT, non te perdas as actividades do luns 7 de marzo pola mañá:
- 9.00 Presentación – Recepción.
- 9.30 -11.30 Obradoiro: “A busca de emprego, un paso necesario para empreder o teu propio voo”, a cargo de Manuel Rego, de Wittalento SL
- 11.30-12.00 Pausa – Café.
- 12.00 Acto inaugural (Xosé Regueira e Evencio)
- 12.15 Microponencias: “Como afrontamos un proceso de selección. A visión da empresa”.
- Balneario de Carballo (Francisco Javier Castro Carro- Responsable adxunto do departamento de calidade).
- Gadisa (departamento de RRHH)
- Eu búscoo (Mari Pacoret – Intermediadora laboral).
Tes unha empresa?
Se es empresario/a, esta semana hai dúas propostas para ti:
- O luns 7 de marzo pola tarde:
- 19.00 Xestión de Redes sociais no entorno PEME. Poñente: Carlos Parada Gandos.
- 20.00 Degustación de produtos locais.
- 20.30 Xestión de Recursos Humanos na PEME: claves para optimizar un proceso de selección. Imparte Manuel Rego, de Wittalento, SL. - Mércores 9 de marzo pola tarde: Sesións informativas sobre os recursos municipais para o emprego:
- 19.00 Carballo compromiso Calidade. Presentación e entrega de placas do selo de calidade local para hostelería.
- 20.00 Presentación da Bolsa de Traballo Municipal (BDT).
- 21.00 Degustación de produtos locais.
Polo Día da Muller
O Martes 8 de marzo, polo Día INternacional da Muller, haberá ás 20.00h o Encontro de mulleres: microponencias sobre experiencias emprendedoras con participación libre. Ademais, haberá Degustación de produtos locais e Photocall reivindicativo.

Novas relacionadas
- #InForum 2015: Os discapacitados somos nós.
- #InForum 2015: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
Fonte
- Concello de Carballo.