O #InForum demostra a grave situación de paro


Completísimo o programa do #InForum16 de Carballo que se inauguraba esta mañá coas xornadas WorkIN Carballo. A primeixa xornada está centrada na busca de emprego e nos procesos de selección das empresas, que continúan até o xoves 10 de marzo.
Como aconteceu o ano pasado, o Forum encheu todas as prazas para participar neste interesante ciclo de charlas, pero que demostraron a grave situación de paro que atravesa a nosa sociedade, como recoñeceu o propio alcalde.
Manuel Rego, de Wittalento SL falou a primeira hora de "A busca de emprego, un paso necesario para emprender o teu propio voo" cos usuarios e usuarias da Bolsa de Traballo Municipal (BDT).
Tocaba mesa redonda con Mari Pacoret, intermediadora laboral de Eu busco; de Patricia Guitián, técnico de Recursos Humanos de Gadisa; de Fran Castro, responsable adxunto do departamento de calidade do Balneario Baños Vellos; e de Diego Vázquez, Presidente da Asociación de empresarios da Construción Apeco, e xerente da empresa Ramón Vázquez y Reino. Todos eles ofreceron consellos prácticos para levantar "os malos números", en verbas de Regueira, e "para facer que cada vez máis xente poda incorporarse ao mercado laboral".
Día da Muller
O inForum segue en clave de muller, cun encontro no Fórum a partir das 20.00 horas no que o obxectivo é crear un espazo para que que as asistentes compartan experiencias profesionais e para que coñezan iniciativas emprendedoras lideradas por mulleres. Poderán coñecer de primeira man a experiencia da creadora dunha empresa de software electrónico, dunha educadora, dunha psicóloga, dunha terapeuta ocupacional ou dunha usuaria da BDT que hoxe en día, e despois de realizar o curso de cociña do Fórum, leva o seu propio local de hostalería , ademais de dunha empresaa de elaboración e venda de dóces a través de Internet.
Calidade
Xa o mércores pola tarde, a partir das 19.00 horas, resérvase a sesións informativas sobre os recursos municipais para o emprego, a BDT, así como para a presentación da marca Carballo Compromiso Calidade. No acto farase entrega, ademais, das placas correspondentes aos establecementos que cumpren os requirimentos. E o xoves péchanse as xornadas coa celebración do Foro Voz: "Xerar emprego no local". A cita contará coa presenza de representantes de Conservas Calvo, de banca social, de cooperativas e da cidade industrial e tecnolóxica Valnalón, de Asturias. Esta última é unha iniciativa pioneira da que se pode aprender moito, tanto en educación emprendedora como en promoción do emprendemento.
Aínda hai prazas. Xa podes inscribirte chamando ao 981 709 0121 ou enviando un email a forumcarballo@gmail.com.
Novas relacionadas
- #InForum 2016: O #InForum céntrase en xerar emprego no local.
- #InForum 2015: Os discapacitados somos nós.
- #InForum 2015: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
Fonte
- Concello de Carballo.