O Pindo e Berdoias tamén sofren a epidemia de lumes que devasta a Costa da Morte


Parece que non temos parada. En apenas 3 días levamos unhas 300 hectáreas desoladas polas lapas. O #IFAmeixenda Cee arrasaba 21 hectáreas por Ameixenda-Caneliñas-Gures; o #IFDuioFisterra afectaba a 28ha pola zona da Nave (Fisterra); o #IFTobaCee, agora controlado dende as 2:30h da pasada madrugada, tras 180 hectáreas devoradas e varios lugares desaloxados; emais o #IFCarnesVimianzo que devastou 47 ha pola zona de Cures e as Barrosas, entre Vimianzo e a Ponte do Porto.
E a cousa non para. Se polo día o susto saltou no peirao de Brens, a pasada noite do xoves 11 de agosto era o lugar do Pindo o que sufría o medo das lapas preto das casas. A zona dos Mouchos, preto do mar do lugar carnotán, puña en pé a moitos veciños da zona. Tralo traballo dos medios de extinción, o incendio quedou controlado ás 3:00h e pola mañá deuse por extinguido. Pero en todo caso, a esta hora da mañá está todo afumado, desde Lira a Santiago, e non se sabe se pode haber máis focos activos.



Outro incendio entre Berdoias e Berdeogas

Tamén de noite, uns 30 bombeiros con dúas motobombas tiveron que acodir a sofocar un incendio entre Berdoias e Berdeogas, entre os concellos de Vimianzo e Dumbría. A primeira hora da mañá considérase apagado.
Ademais, xa contamos que en Fumiñeu (Muxía), no Vilar (Carnota) e en Entrecruces (Carballo) dous conatos foron controlados polos veciños con rapidez.
Porto de Brens

Mención aparte merece o caso do peirao de Brens. Onte ao mediodía botaba a arder a madeira que levaba varios meses acumulada. O barco de Salvamento Don Inda tiña que poñerse a traballar e tras uns minutos de incertidume conseguía sofocalo.
Se neste caso non aparece o culpable, haberá que reflexionar.


Restos do de Toba
Imaxes que nos lembran o crú que foi o incendio de Toba, Sembra, Sardiñeiro, Estorde...
+



As consecuencias
Rubén Santamaría fixo este crú percorrido polas zonas arrasadas nos incendios de Cee e Fisterra.
#seveslume085
Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados. E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085Incendios forestais 2016
- 11-08-16: Os incendios en Toba e Cures manteñen en vilo á Costa da Morte.
- 10-08-16: #IFTobaCee: Outro incendio pon en perigo ducias de casas entre Cee e Fisterra.
- 10-08-16: Abriuse a veda dos incendios e despois de Cee tócalle a Fisterra e Muxía.
- 09-08-16: Cee sofre o primeiro gran incendio do verán.
Incendios forestais 2015
- 23-07-15: Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas.
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).