xoves. 15.05.2025
El tiempo

O PP de Carballo critica a pérdida de cinco millóns de euros dos fondos europeos

O PP de Carballo critica a pérdida de cinco millóns de euros dos fondos europeos
O partido Popular de Carballo, liderado por Aurelio Núñez, critica a "incapacidade e a torpeza" do goberno local despois de "perder" cinco millóns de euros procedentes dos fondos europeos para desenvolver as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI). Os do PP de Carballo cualificaron de “incompresible e intolerable” que o executivo local non fose capaz de levar a cabo as modificacións expostas polos técnicos de Facenda para adaptar os proxectos nunha segunda convocatoria, tras quedar fóra na anterior. Neste sentido, Núñez lembrou que, na primeira fase, os técnicos do Ministerio sinalaron que os principais fallos estaban na identificación inicial dos problemas e dos retos urbanos, as potencialidades e os recursos existentes, os desafíos e os coñecementos dispoñibles nos resultados e nas prácticas existentes. “O único que se reclamaba era expor dunha maneira máis detallada e extensa no documento os asuntos que se presentaban, ademais de mellorar outras cuestións da estratexia, co obxectivo de lograr o mínimo esixido para obter a subvención europea”, dixo o popular. Improvisación Núñez lamentou que a “improvisación” e a falta de “iniciativa” do executivo local fagan que Carballo sexa dos poucos concellos que perderá a oportunidade de levar a cabo proxectos en materia social, de eficiencia enerxética, e os cartos para realizar actuacións que sirvan mellorar o medio ambiente, o patrimonio e a mobilidade urbana. “Estamos a falar de actuacións que permitirían dar un impulso económico ao municipio e que servirían para mellorar a calidade de vida dos veciños”, dixo Núñez, quen anunciou que a súa formación preguntará no pleno sobre as causas da perda destes fondos, e sobre as medidas que o executivo local levará a cabo para recuperalos nunha posible terceira convocatoria. “Os veciños de Carballo merecen unha explicación de por que Evencio Ferrero permítese o luxo de renunciar a este diñeiro tan necesario para o municipio”, dixo o popular, quen subliñou que a súa formación espera que, no futuro, o rexedor non teña a “desvergoña” de paralizar outros proxectos alegando que non hai orzamento para levalos a cabo.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PP de Carballo

Comentarios