O PP xa prepara as Eleccións Municipais de 2019


Quedan aínda 30 meses para as vindeiras Eleccións Municipais pero o PP provincial xa comeza a traballar para recuperar o terreo perdido en maio de 2015. Así llo trasladou o presidente provincial, Diego Calvo, nunha reunión o pasado venres cos alcaldes, portavoces e militantes de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso. “Se nos preparamos ben e traballamos unidos, o PP está en condicións de gañar en todos os municipios do partido xudicial de Carballo”, dixo Calvo.
Calvo aproveitou para agradecer o “gran traballo” realizado nas eleccións autonómicas do pasado setembro, nas que a provincia da Coruña logrou un ”resultado histórico”. Tamén recalcou a necesidade de analizar, concello por concello, os resultados notando as grandes diferencias entre as municipais e as Autonómicas ou Xerais.
O popular fixou como obxectivo dos populares recuperar o goberno da Diputación da Coruña e das tres grandes cidades.
Os do sur, co Conselleiro
Mentres, polo sur da bisbarra, os portavoces do Partido Popular en Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Muxía, Zas, Fisterra e Vimianzo, mantiveron o pasado 29 unha reunión co presidente Diego Calvo e co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Desta volta, a idea era reforzar o apoio que a Xunta prometeu aos traballadores de Ferroatlántica non segregar a actividade da compañía.
Os populares insistiron na “importante repercusión económica” que ten Ferroatlántica para moitas familias da comarca, e na “necesidade” de facer “todos os esforzos posibles? para lograr a súa continuidade.
Novas relacionadas
- Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte.
- Eleccións Xerais 2015 #20D: 7 puntos claves das eleccións xerais do #20D.
- Eleccións Xerais 2015 #20D: Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea.
- Eleccións Xerais 2016 #25J: O PP volve arrasar nas Eleccións Xerais na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2015 #24M: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).