O programa da TVG Aquí Galicia ródase en Vimianzo con artistas locais


A Televisión de Galicia e Setemedia S.L. realizará e emitirá en directo, o este sábado 31 de xaneiro, o programa Aquí Galicia, dende a praza do concello de Vimianzo. Serán dúas horas e media de emisión, a partir das 16.15 onde se amosará a realidade cultural, turística e festiva deste concello. Dentro do programa Aquí Galicia a parte musical é fundamental. Contaremos en directo coas actuacións de Tania Fuegho (cantante e xurado de recanteiros no programa Luar),e o grupo musical Sin Limite.
Tamén estarán artistas do concello coma Rosa Oreiro, Jaime Lema, Irma Maceiras e Suso Andrea. Participaran asimesmo o grupo de baile tradicional Trubisquiña e os grupos de danza Airiños do Río Grande e Foliada de Salto.
Novas relacionadas
- Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música.
- Volve a programación cultural semestral á Casa da Cultura de Vimianzo.
Fonte
- Concello de Vimianzo.