Domingo. 07.08.2022
El tiempo
Alberto Pose
10:30
18/05/12

Alberto Pose: Da tolemia de partidos pola desorganización

Alberto Pose: Da tolemia de partidos pola desorganización

Aínda estamos coa resaca da emoción de quen ía xogar a Fase de Ascenso a 2ª Autonómica e xa este domingo temos que xogala: Que tolemia.

O que pasa no fútbol da Costa non sucede noutros lugares. Sufrimos todos este exceso de fútbol, esta desorganización, esta tolemia. O domingo remataba a competición e os equipos implicados na Fase non tiñan nin idea de cando se disputaría. Incrible pero certo. Non hai que tanto que se deu a coñecer o sistema do playoff, pois os clubs pensaban que ían ser como os acensos de segunda para Primeira. Aclarado o tema este martes, a posteriori do remate da liga, este domingo toca xogala. O Cabana, un dos implicados, terá que xogar tamén, nada máis e nada menos que uns cuartos de Copa da Costa e unha final de copa xuvenil. Que puido pasar o martes si houbera disparidade de opinións entre os catros equipos implicados no playoff? pois a liada sería moito maior e desde logo xeneraríase un recelo entre os clubs, cousa que non fai falta moito, pois non vivimos unha época na que a relación entre clubs sexa moi estreita. Non vou opinar si era necesario ou non uns playoff de ascenso, pero que si tiñan que ter os clubs claro cal sería calendario da tempada si, pois en función del, os clubs poderían planificar doutra maneira e ao mellor o Cabana xa renunciaba a Copa, pois queiremos ou non estase adulterando as competicións, temos que ser conscientes que o Cabana este fin de semana non vai competir con garantías nalgunha das competicións que vai disputar.

Sona a moi repititiva a reinvindicación dunha maior planificación, pero non podemos deixar de pedila dende todos os lados, pois dá pena que nos atopemos ano tras ano con situacións como estas. Si o ano pasado era o Corme, este ano o Cabana. Aínda que nos centramos nestes equipos, pois son casos máis sangrantes, os implicados son todos os equipos que están, e estiveron, xogando ata o de agora copa e liga simultaneamente no mesmo fin de semana. Non podemos permitir isto, e vai sendo hora de que alguén comece a articular aos equipos fronte a Federación, Quen? iso semella que é o complicado, pois calquera iniciativa que xurde acaba perdendo forza polo camiño.

Dende aquí quero mandar unha mensaxe de que unha vez por todas peguemos un golpe enriba de mesa e protestemos. Unha copa de tolos, exceso de partidos, que ben o reflexou o meu compañeiro Manuel Varela, sen información, problemas coa mutualidade e máis e máis problemas.

E por certo, que sabemos da delegación da Federacion na Costa? Si sabemos de A Coruña, pero... Sería tan difícil ir a falar co Presidente para que aluge unha oficina en Baio, poña un ordenador e que mande un empregado federativo para Baio. Segundo teño entendido sobran nas oficinas de A Coruña e que tamén estan moi ben pagados. E se non, que vaia ao Inem que sobra xente para traballar.

Esta situación hai que cambiala, hai que dar un xiro e rápido. Os clubes no poden pedir información federativa a outras fontes que nada teñen que ver coa Asociacion e moito menos coa Federacion. Isto foi o que sucedeu este domingo e esperemos que non volva a pasar tanta desinformación xunta.

Máis artigos de Alberto Pose

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

comentarios