A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II)
2. Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea
Comentamos na entrega anterior como a presenza de hospitais nas terras do promontorio nerio debe gardar relacion cos santuarios de Fisterra e Muxía. Así, unha das funcións destas institucións será a de auxiliar e dar cobixo e descanso a todos aqueles que, unha vez feito o Camiño de Santiago, prolongaban a súa viaxe ata as nosas terras.
A relación da nosa zona co culto xacobeo e ben coñecida e quedou establecida pouco despois do descubremento da tumba do apóstolo Santiago. Aínda así haberá que esperar ata finais da Baixa Idade Media para que se perciba un interese, cada vez maior, por parte dalgúns viaxeiros e peregrinos. Esto garda relación coa nova etapa que se abre na historia das peregrinacións a Compostela a partir do século XV. Será a partir deste momento cando a peregrinación a Santiago aumente gracias ós “novos peregrinos”, xa non sólo movidos pola devoción (expiación de pecados, culto ás reliquias,...) senón tamén por outros motivos (curiosidade, aventura, comercio,...). Por iso, moitos santuarios próximos a Santiago tratan de atraer para sí ó maior número posible de peregrinos e camiñantes co fin de incrementar o seu prestixio e, en consecuencia, os seus ingresos. Entre eles poderíamos citar Oviedo, Padrón, ou mesmo Fisterra, os cales, entre os séculos XV e XVII van experimentar un notable crecemento en canto á chegada de peregrinos se refire.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Outra razón de peso que explica o auxe e a presenza de peregrinos cara os santuarios de Fisterra e Muxía é o propio interese dos arcebispos compostelanos en promocionar os portos destas dúas vilas mariñeiras coa esperanza de que o rei lles concedese o estauto de porto con priviliexio de carga e descarga internacional. Non era ésta unha cuestión intrascendente xa que ambalasdúas vilas pertencían á Mitra compostelana. Ésta, verase inmersa durante unha boa parte dos séculos XIV e XV en constantes loitas territoriais contra un importante sector da nobreza galega. No caso das terras do finis terrae serán os Moscoso, os inimigos máis importantes do arcebispo; e así, frente ás posesións pertencentes ó prelado compostelano (Fisterra e Muxía de forma directa, e Cee de forma indirecta, xa que esta última vila pertencía ó arcediago de Trastámara), os Moscoso tiveron os seus bastións nas vilas de Corcubión, Camariñas e Laxe. Todas estas vilas teñen como característica común o ser porto de mar, polo que, cando ten lugar o despegue do comercio marítimo internacional, convertiranse en pezas codiciadas polos beneficios que éste pode traer. Ningún destes portos contaba coa autorización real para participar no mesmo ben fora para carga ou descarga, aínda que temos referencias de que ambas operacións tiñan lugar, aínda que fora de forma ilegal. Así pois, a promoción das vilas de Fisterra e Muxía podía ser un modo de conseguir o privilexio rexio para os seus portos. Esta actitude ten o seu paralelismo noutros lugares da costa galega: as ermitas en torno a Ferrol, baixo o patrocinio dos Andrade, e a peregrinación a San Andrés de Teixido, a cal coa masificación e chegada de visitantes tería repercutido en beneficio da vila e do porto de Cedeira.

* Nota aclaratoria da imaxe: as vilas da Costa durante as épocas medieval e moderna non contaron con portos ou estruturas portuarias tal e como as entendemos hoxe senon que tuveron que valerse dos seus portos naturais para poder realizar as operacións de carga e descarga de peixe e mercadurías.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- VI: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
- VII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): 5. Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- VIII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII).
- IX: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII).
- X: A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.