A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (II) - A organización do territorio (I)

Unha nobreza de escasa importancia fóra dos seus propios ámbitos, e con dificultades de estructuración xerárquica - co que iso supón de dificultade para a estructuración e ordenación territorial-, móvese a principios do século XI polas terras de Nemancos. Teremos que esperar ós últimos anos desta centuria para que esta mesma aristocracia, comence a organizarse en torno ó liderato dun grupo familiar que está a despuntar no ámbito galego, e que ten claramente orixes na zona; un grupo familiar que sabe achegarse á monarquía da nova familia castelá de Fernando I e Alfonso VI, para ocupar ó lado dos reis o baleiro deixado por parte das máis importantes sagas de magnates galaicos altomedievais. O “grupo dos Traba” establecerase como estirpe aglutinadora da nobreza da zona, que proba por vez primeira a posibilidade de se achegar a unha fonte de poder, a monarquía, que ata o de entón significara pouco menos que un nome polo que o conde encargado do goberno do comissum, exercecía a xustiza no territorio.

Á cabeza dos Traba atopamos ó «nobre cónsul» - tal como Ile chama a Historia Compostelana- Pedro Fróilaz. Criado na corte de Alfonso VI, soubo gaña- Ia confianza do entón conde de Galicia, Raimundo de Borgoña, ata o punto de que este, á súa morte, encoméndoulle, a custodia do seu fillo, o neno Alfonso Raimúndez, nado da filla e herdeira de AIfonso VI, Urraca. Cando á morte do conquistador de Toledo sumiu ós seus reinos na anarquia e os conflictos internos, Pedro Fróilaz decidiu combater para preserva- los dereitos do seu encomendado, a quen tivo protexido no mosteiro de Moraime e a quen finalmente elevou ó trono como Alfonso VII, despois de se converter en aliado do ascendente bispo de Compostela, Diego Xelmírez. A historia tradicional veu tratando a Pedro Fróilaz como “'conde de Traba” pero o certo é que en ningún dos documentos da época aparece como tal, pois tal condado parece que nunca existiu. Houbo un castelo de Traba, e quizais un territorio dependente del, pero non un condado. Pedro Fróilaz de Traua foi conde, pero de toda Galicia ('comes Gallecie'), título que pasaría ós seus fillos Fernando e Rodrigo. Tan importante título equivalía na práctica ó cargo de gobernador ou adiantado de todo o reino, que lle fora confiado polo rei Afonso VI á morte do conde D. Raimundo ('Comite Petro Froilaz orbem Galletie imperante”). Foi case un rei -de feito, emparentou coa monarquía- e por iso a súa tumba -finou en 1128- ocupa un lugar privilexiado na capela das Reliquias da catedral de Santiago, xunto ós sartegos de dous reis de Galicia e León.


A catedral románica de Santiago fora iniciada polo bispo Diego Peláez e o rei Alfonso VI para, tras un longo e complexo proceso construtivo, ser solemnemente consagrada en 1211. Personaxe chave no avance das obras sería Diego Gelmírez, quen gozou do favor real e logrou para a súa diocese o rango arzobispal e metropolitano que posúe aínda hoxe a igrexa de Santiago. Á vez que o mestre Mateo e o seu obradoiro afanábanse en concluír a fábrica da catedral labraron, tamén, un innovador coro pétreo que ocupou os primeiros tramos da nave central até 1604. A súa colocación e iconografía respondían a un espiritu protogótico, en relación co Pórtico da Gloria, e concluíuse para a consagración da catedral o veintitres de abril de 1211 con asistencia do rei Alfonso IX e do arcebispo Pedro Muñiz, dos magnates do reino e numerosas dignidades eclesiásticas. Así pois, tras máis de cento trinta anos de traballos concluíase a catedral románica de Santiago que pouco despois, a mediados do mesmo século XIII, foi obxecto de novas intervencións por iniciativa do arcebispo don Xoán Arias. Primeiras dunha longa serie que acabarían por formar o espléndido conxunto actual.
Pois ben, se a monarquía e a Igrexa compostelá son os dous principais polos en torno ós que xira a actuación histórica de Pedro Fróilaz, tamén no ámbito máis modesto da nosa zona van marca- la súa actuación. Da monarquía conseguiu a súa implicación no noso territorio, ata entón escasamente controlado. Será en Moraime, onde se fundara en 1095 un mosteiro coa protección do propio Pedro Fróilaz e a súa familia. Moraime, situado nos seus dominios, vaise convertir no lugar onde conflúan anteriores fundacións da familia, como o cenobio de San Xoán de Borneiro, na terra de Soneira, co propósito de crear un centro monástico digno da súa categoría social e no que poidan ser lembrados por medio de oracións ó longo dos séculos. A xenerosidade dos reis, Alfonso VII e Fernando II de León, con Moraime tradúxose na consesión dun couto propio nas terras situadas ó redor do mosteiro e algunhas máis dispersas pola terra de Nemancos. O documento é de data temperá, de 1119, tempos aínda difíciles e conflictivos para o futuro Emperador. Trátase do primeiro couto que a monarquía concede na zona, con todo o que isto leva consigo, e a confirmación do ascendente que o mosteiro muxián ía conseguir como realizador dos propósitos ordenadores da monarquía. Desta maneira, os monxes non só se convertían en propietarios de terras e administradores de almas, senón que eran tamén señores feudais con amplas atribucións filiais e xudiciais.
As doazóns reais van facer do cenobio de San Xiao un rico mosteiro, moi atractivo tamén para particulares, que ofrecerán dádivas a cambio de oracións dos monxes: as lápidas funerarias con escudo e espada, atopadas na igrexa sirven para nos lembrar ós cabaleiros que quixeron que aquel fora o seu sepulcro. Reis e señores fixeron que o patrimonio de Moraime chegase a ser rico e posibilitase unha idade de ouro entre 1150 e 1250, da que queda como testemuña a impresionante igrexa.
A favor da igrexa de Santiago, Pedro Fróilaz, cara a 1113, realizou unha riquísima doazón, na que se contaban varias igrexas e lugares, como Corcubión, da súa propiedade situados dentro do territorio de Nemancos. Aínda que non posuímo-Io documento orixinal, a Historia Compostelana transmitiunos un resumo polo miúdo do seu contido, aclarando que entre elas atopábanse Santo Estevo de Lires, Santa María de Mauri, Santa María de Oza e Santa María de Mour. É doado comprobar que, fóra de Lires, case todas elas son perfectamente irrecoñecibles, aínda que sen dúbida se atopa entre elas Santa María de Morquintián, que permaneceu durante longos séculos vinculada ó cabido catedralicio de Santiago.Sexa como sexa, á marxe da súa situación inmediata, resulta importantísima esta doazón porque está inscrita nun proceso que acabaría por configura-la ordeación xeográfica de toda Galicia: a extensión da reforma eclesiástica denominada Gregoriana, pola que a igrexa tendeu a se desvincular do control efectuado sobre ela polos poderes leigos, e a se afirmar como poder autónomo no espiritual e no temporal. Dentro dese espírito, a predicación xeneralizou a idea de que as igrexas non debían ser propiedade de seglares, senón que habían de estar suxeitas directamente á xurisdicción eclesiástica. Así, deste modo, a doazón de Pedro Fróilaz non facía outra cousa que materializa-los desexos dos reformadores.
Por outra parte, Alfonso VII, estaba decidido a transforma-las bases e modos de exercelo poder na súa monarquía, a realizar unha recolonización do interior que permitise ter organizados e cohesionados os territorios máis afastados da súa coroa. E para iso recorreu, como xa comentamos, á concesión de cartas de couto: cedendo parte do poder real a prol de persoas ou institucións con raigame na zona, para que os administrase e gobernase, conseguía chegar a todas partes, mantendo baixo o seu control parte da fiscalidade rexia e a supervisión do funcionamento do sistema. A monarquía transformábase ó compás dos tempos, nunha monarquía nova, claramente feudal. Pola escasa estructuración social e territorial de Nemancos ó longo da etapa anterior, este territorio apenas contaba con fundacións monásticas importantes que foran quen de sobreleva-Io peso da administración do poder, sen quedar á mercede de interferencias externas que farían inútil a cesión da xurisdicción da terra por parte do rei. As institucións eclesiásticas acostumaban a ser preferidas pola monarquía a causa da súa estabilidade notable e á súa continuidade temporal, fronte ó azar que presidía a transimisión dos bens dentro da nobreza, non sempre segura e firme. Pero en Nemancos, a única fundación con estas características era Moraime, polo que a este cenobio se Ile confiou o exercicio do poder no só nos seus arredores, senón noutro territorio, aínda bastante amplo, cal foi a que hoxe é parroquia de San Pedro de Buxantes: en 1152, Alfonso VII dooulle illa ecclesia de San Petro de Vigiante cum omni suo regalengo. Trátase dun territorio extenso, aínda que de orografía difícil, o que non arredou os monxes, que non deberon tardar en poñelo a funcionar, atraendo a campesiños cara ás súas terras –moi probablemente a aldea de Vilar de Paraíso, co seu atractivo nome, sexa un resultado da colonización monástica- e estendendo os seus dominios fóra da parroquia, se ben tomándoa como base.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).