A nosa maior prioridade
20:01 09/02/12
5.273.600 persoas non teñen traballo podendo traballar. Este é o numero que a EPA (Enquisa de poboación activa) ofrece con respecto a 2011 e con este numero arrancamos 2012.
Ó longo de 12 meses, en innumerables actos de índole pública, partidaria ou mediática, o actual presidente do goberno ou algún dos membros do seu executivo, entón na oposición, afirmou de xeito claro e evidente, nítido, cristalino, que “o paro será a nosa prioridade cando gobernemos”. De igual xeito, esas mesmas persoas, eses mesmos cargos políticos, afirmaron que para o partido que entón estaba no goberno, o socialista, esta non parecía una prioridade.
Para o PP a razón intrínseca do que pasa en España é o resultado directo dunha tasa de paro descabellada, burda, imposible, insoportable, nefasta. O resultado da ausencia dunha clara idea de desenvolvemento económico e profesional. O resultado de unha mala política laboral, por escasa e rixida, baseada nun modelo caduco e pouco realista. Anacrónico. Esto se dixo así, con estas e con outras palabras dende os foros do poder, entón na oposición.
O 21 de novembro de 2011, Mariano Rajoy e o seu Partido Popular alcanzaban a maior vitoria electoral na historia da suposta democracia española. Un mes despois, o 21 de decembro, accedía ó goberno. Dende ese día, 51 despois, o seu goberno non fixo absolutamente nada por reducir, por acomodar aló menos esa brutal tasa de paro a niveles respetables ou dende os que iniciar un lento e duro traballo de recuperación. Nada.
Nestes 51 días o que si fixo o goberno de Mariano Rajoy foi: Deixar de subvencionar as renovables, poñer rúas a un ministro franquista, permitir que se xulgue o único xuíz que investigou o xenocidio franquista, recurtar drásticamente a inversión en I+D,recurtar a asignación dos orzamentos a TVE sen pedir contas as autonómicas do PP, retirar Educación para a Cidadania mentindo publicamente sobre o seu contido sen facer o mesmo coa asignatura de Relixion católica, nomear embaixador en Washington a Federico Trillo e Presidente de Bankia a Rodrigo Rato,convocar una folga xeral “in voce” sin ser un sindicato, permitir que as autonomias gobernadas polo seu partido infrinxan o tope de deficit sen despeinarse e despois dicir que debe ser respetado “a partir de agora” e afirmar que “vive en el lío”.
Hoxe, probablemente, o Consello de Ministros da España que permite mortos de frío porque viven na rúa, que permite precariedade extrema a familias con enfermos graves a cargo porque non lles pagan o subsidio que merecen, o país que acepta sen tremer o máis mínimo que se desafiuce a familias en claro risco de exclusión porque non poden pagar a hipoteca a bancos multimillonarios os que si se inxectan millons de euros do herario publico para que non “sufran nin padezan”, ese país onde vivimos felices e contentos todos, ese, aprobará a maior e máis lamentable (se cabe) reforma laboral da historia. A que nos sitúe a un chanzo do esclavismo.
A España de Camps, Fabra, Matas, Urdangarín ou Vigo (un clube este o que estar orgulloso de pertencer, eh?) decide canto de dignidade lle queda. “Sen novidade na fronte señor. Todo quedo, todo en calma.”
Acabouse o que se daba. Benvidos.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.