A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar
00:07 14/05/12
Arquivo. Gardar como. Arquivo. Imprimir. Pasan uns segundos e na nosa pantalla aparece unha mensaxe. A impresora non funciona. Apagamos. Volvemos a acender. Repetimos a operación unha e outra vez, pero imprimir ese documento que tanto precisamos é imposible.
Nin o manual de uso, nin a garantía, nin o vendedor nos avisa, pero a impresora contén un chip que conta o número de copias. Ó chegar a un determinado número só nos queda unha opción: tirala (nun punto limpo, por certo) e volver a comprar outra nova porque sae máis rentable que reparala. O cabo dun tempo, a historia repetirase.
Isto é o que se coñece como a obsolescencia programada e se nos paramos un pouco a pensar comprobaremos que no noso día a día son moitos os produtos que quedan obsoletos e se converten en algo inservible e inútil. O móbil, a prancha, a batidora, o aspirador,… O caso das bombillas que duran como máximo 1.000 horas e así que transcorre ese tempo de consumo, puff, temos que renovala.
Esta gran cantidade de produtos de “usar e tirar” afecta, por unha parte, o peto do consumidor e, por outra, o planeta debido o consumo de recursos e a creación de residuos altamente tóxicos de forma innecesaria, algo que vai en contra do tratado internacional.
A solución vén da man dun consumo responsable.
Se queres coñecer os intereses que hai detrás de todo isto, propóñoche que vexas este documental:
Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde
- Man de Camelle.
- Alimentos quilométricos.
- Mirando o ceo.
- Cheo, ¿por favor?.
- Un chapuzón en Corcubión?.
- A voltas coas prantas de acuiculura.
- O espectáculo do estuario do Anllóns.
- O roteiro do congro.
- A dieta da… carne.
- As cifras do Prestige.
- O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?.
- Como auga de outubro.
- Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
- A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).