mércores. 30.04.2025
El tiempo
19:07
07/07/11

AA

Alcólicos Anónimos (acrónimo AA) é unha comunidade de enfermos alcólicos, non lucrativa, espiritual, que realiza reunións entre os seus membros co fin de axudarse mutuamente para abandonalo alcolismo mediante a terapia de grupo.

O alcolismo é unha enfermidade. Trátase dun mal derivado dos efectos psicotrópicos e neurolóxicos do abuso do alcol, que coma é sabido ten uns efectos nefastos sobre quen abusa do seu consumo. O alcolismo supón un serio risco para a saúde que, a miúdo, conleva risco de morte prematura como consecuencia de afecciones de tipo hepática como a cirrose hepática, hemorraxias internas, intoxicación alcólica, hepatocarcinoma, e psicolóxicas como a posibilidade de causar accidentes ou a deriva cara da depresión ou o suicidio.

O alcolismo non está fixado medicamento pola cantidade inxerida nun período determinado, de feito hai persoas afectadas por esta enfermidade que seguen patróns ben diferentes de comportamento, existindo tanto alcohólicos que consumen a diario, como alcólicos que beben semanalmente, mensualmente, ou sen periodicidade fixa.

Hai unha razón para que o alcolismo sexa un elemento a ter en conta polos responsables de recursos humanos nas empresas. Un empregado alcólico, aínda que traballe detrás dunha mesa de despacho e alguén con graves problemas, que pode estourar en calquera momento, cunhas cotas de absentismo enormes e grandes probabilidades de causar baixa. Un alcólico non rehabilitado non sería un bo “canguro” para que coidase dos nosos fillos (seguro que ningún contratariamos a alguén con ese mal para ocuparse desta tarefa) nin tampouco para manexar maquinaria pesada. O alcolismo é unha grave enfermidade e por isto non contamos cos alcohólicos para que ocupen determinados traballos.
Alcólicos famosos foron, por exemplo, o xenial Garrincha, futbolista brasileiro dotado dunha capacidade extraordinaria, campión do mundo no 58 e no 62 e que terminou na ruína, morrendo de cirrose os 49 anos. Ou Hemingway, con tendencias suicidas, e Liz Taylor e Richard Burton, que compartiron matrimonio, escea e alcolismo crónico. Ata a muller do expresidente dos EEUU Gerald Ford, a famosa Betty Ford, foi alcólica… e fundou a máis famosa clínica de rehabilitación deste tipo de doenza entre os famosos.

Persoas recoñecibles e populares que compartiron unha enfermidade. Algúns foron capaces de mantela a raia (desto un non se cura) e outros non. A estes últimos, os que non, non lles dariamos a custodia dos nosos fillos, nin os deixariamos conducir o coche con nos dentro despois dunha noite de festa, nin os poriamos a dirixir unha empresa, ou maquinaria pesada…

Está visto que hai cargos que nos dá igual que quen os ocupe sexa alcólico. O de alcalde, por exemplo.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios