Aldeas
Dende hai unhas semanas aumenta o debate o respecto da reforma da administración local. O PP, como leva facendo con outras moitas cousas, quere facer isto en solitario e, como en tantas outras cousas, equivócase.
Equivócase a ollos vista. A administración pública é pesada e cara pero nin é por culpa dos 8.117 municipios en que se divide España nin polos seus 8117 alcaldes, nin polos seus concelleiros con dereito a soldo. O que encarece a administración publica é a sinrazón de facer as cousas ao chou, como cadre, e deixando en mans de iletrados e mentireiros decisións tan cruciais como a de canto debe cobrar un alcalde ou si é lóxico que, sendo o salario medio en España de 22.790,20€ (INE 2010) uns 1.900 mensuais brutos (seguridade social incluída) non cabe en mente algunha que alcalde ningún de ningunha localidade, cidade ou urbe do país gañe nun ano máis de 50.000 euros brutos. Isto non ten sentido algún.
Tampouco o ten que un deputado raso, de calquera parlamento de calquera comunidade ou do congreso ou do senado poda chegar a embolsarse 51.000 euros o ano. Iso claro senón asume un cargo nunha mesa (presidila serían 3.000 euros máis, por exemplo) e así un suma e segue incluídas dietas ou unha tarxeta de crédito para taxis e demais cun límite de 3.000 euros anuais. 85 millóns de euros de presuposto, só para o Congreso. Insisto, só para o congreso.
Multiplicade por 17. Grosso modo outros 1.400 millóns de euros. A pelo e sen vaselina.
Aquí é onde gasta o estado aquilo que non ten. En pagar a inútiles para que fachendeen disfrazados de xente seria por restaurantes de luxo, iates e mansións de banqueiros e empresarios de postín.
Volvendo ó caso da administración local, esta si precisa un cambio, pero máis profundo claro e directo que o que propón o PP (co beneplácito a medias do PSOE). Eu propoño este e si estou equivocado alguén debería empezar a dicirmo porque, a día de hoxe, non lin nin escoitei nada mellor:
- 1. Rebaixar o salario máximo que un representante público de calquera clase poda gañar no exercicio do seu cargo a, nin máis nin menos que, o salario medio do paós calculado polo INE, e dicir, 1.899 euros brutos o mes. Por redondear, un 1.600 netos para o peto do traballador. Só con esta medida poderiamos aforrar un 44% dos custes dos soldos políticos, ata conseguir nin máis nin menos que 800 millóns de aforro. Sen anestesia.
- 2. Reducir o numero de concellos. Non ten sentido (nin en Galicia) que un concello teña menos de 2.000 habitantes. Sinto. Fusión forzosa e convocatoria de eleccións municipais (de feito, poderíanse aproveitar uns comicios para facelo). O demais e falar de barcos. Lamento que na montaña de Lugo un paisano teña a casa consistorial a 20 quilómetros. Existen multitude de métodos, dende a sede electrónica ata a teleasistencia para que persoas de tódalas idades podan acceder de xeito áxil e rápido a administración. Non é tan difícil. E o que non saiba haberá que ensinarlle. Non vale dicir que é difícil. 4.860 concellos (o 60% do total) teñen menos de mil habitantes cada un. Sinto pero non dá. Imposible.
- 3. Eliminar as Deputacións. Se necesito que alguén me xestione as multas e as cobre, ou a contribución, ou a taxa do lixo, ou calesquera outro tramite administrativo que non precisa de decisións executivas porque é au-to-ma-ti-co non preciso 31 deputados a razón de 45.000 euros de media por cabeza (1040 en toda España. Multiplicade) O que preciso para esa labor é unha xestoría. 3 fulanos e tres ordenadores. Simple, fácil, barato.
- 4. Reforma electoral. O distrito electoral e o sistema de cotas fan inviable reducir con mínimas garantías democráticas o número de concelleiros ou de deputados autonomicos. Para min aínda máis importante que isto, que non ten valor algún, é lograr reducir o número de deputados. Sendo precisas as autonomías (preferiría estados federais, pero que se lle vai facer) non é preciso que Murcia, por exemplo, con menos de millón e medio de habitantes teña tantos deputados coma Castilla-La Mancha con 600.000 máis. Alguén conta mal.
Nada disto que digo ten moito que ver co que se prantexa dende o goberno. A razón é que eu quero aforrar cartos sen pensar no partido. Mentres, PP e PSOE pensan no partido, no mosqueo de alcaldes e demais cargos abocados a buscarse un emprego de verdade, no malestar dos empresarios que deixarían de chupar das administracions eliminadas ou reducidas (hai que ver a cola que se forma os días de pleno a porta de deputación provincial para entender isto) e noutra serie de cousas que a min e a calquera sen interese na política profesional nos importan ben pouco.
Pero tranquilos. Nada disto será motivo de debate mentres en España o que se deba salvar non sexan as persoas. En España, hoxe, o que hai que salvar son os partidos, preferentemente o socialista, totalmente inservible, e o popular, un niño de ladróns e maleantes, pouco menos que unha banda criminal.
Iso é o principal, e así o demostra que alguén poda chegar a tomarse en serio un pacto contra a corrupción destes dous. Algo así coma si El Dioni, El Cojo Manteca e Curro Jimenez asinasen un pacto contra a delincuencia e de boas practicas no transporte de capitais por estrada. Un chiste.
España. Tomen asento, a festa acaba de empezar.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- RAF.
- Quita.
- Kafka.
- Opcións.
- Agora que todo comeza.
- A fuxida.
- Debates Bizantinos.
- Cheiro a fuel.
- Unidades.
- Glass-Steagall.
- Nós.
- Cortalumes.
- A Débeda.
- A maioría silenciosa.
- 21O.
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).