An Oriant, graciñas.
Dona Diáspora estivo polas terras bretoas de An Oriant [Lorient] aplaudindo aos 70 mozos e mozas das bandas de Gaitas e de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo que participaron no gran Festival Intercéltico. O traballo de fusión que fixeron os directores ---Carlos e Ramón--- foi un éxito se atendemos aos milleiros de aplausos e noraboas recibidos dun público entendido que non se deixa enganar por propostas artificiais.
As rúas e prazas ateigadas de xente que escoitaba a música e logo se achegaba a preguntar e comentar que estiveran en Santiago de Compostela. No estadio de fútbol do equipo local as noites foron máxicas e moi emocionantes. Sentarse no medio de dez mil persoas compracidas coa actuación non ten prezo e non falemos das bágoas que lle escorregaron polas enrugas da nosa velliña cando alguén berrou “Forza Calo!” ao mesmo tempo que soaban os primeiros compases do fermoso Pasodobre de Mallou.
Dona Diáspora puido falar un anaquiño co director do festival que é o noso curmán asturiano Lisardo Lombardía Yenes. O responsable da organización é persoa cordial que non esqueceu o seu bable da conca mineira onde naceu. O seu esforzado labor merece todos os recoñecementos. Aínda que só foron uns minutos de conversa a nosa emigrante non esqueceu de falarlle a Lisardo do tango e dos emigrantes. Fíxolle o pedido de que pense na posibilidade de que o tango feito polos galegos nas terras riopratenses teña un oco no festival. Ten a certeza de que a interpretación duns tangos en galego na voz da neta arxentina Graciela Pereira serían ben acollidos no 2012 na “Année de L' Acadie”.
Haberá quen se pregunte se os tangos teñen sitio nun evento de música tradicional. Poida que teña unha resposta a galega Luz Casal que cantou en Lorient con enorme éxito ---por certo, estivo no “Espace Marine” escoitando o ensaio dos grupos de Calo--- e que ben se ve que posúe un sentimento enteiramente tangueiro. Se Graciela é convidada hai que preparar todo moi ben e para iso podemos contar coa colaboración de Stevan de Trelevern que fala un galego perfecto. O intérprete naceu preto de Morlaix [Saint Jacques] e namorouse de Galicia logo dun tempiño en Pontevedra. Os seus coñecementos poden ser utilizados para poñer en francés e bretón as letras de tango que interprete Graciela e tamén media ducia de páxinas informativas sobre os autores galegos no Río da Prata.
Os interesados polas identidades e as linguas minoritarias agradecerán a lectura do libro de Hervé Lossec, “Les Bretonismes”. O autor analiza con rigorosidade os múltiples bretonismos presentes no francés actual. Sorprende a cantidade de verbos e preposicións e a sintaxe bretoa que utilizan cada día millóns de cidadáns franceses. Critica o centralismo dicindo: “Un État, une langue, une armée, c'est le principe de base de la nation française. Le bilinguisme n'est donc pas de mise en France et ne semble pas en voie de l'être de façon officielle, ce qui confère à notre pays une situation particulière”.
Poida que ---sen coñecer aos bretóns--- pensemos que nós somos uns privilexiados porque temos unha protección legal para a nosa lingua. Se imos alí axiña entendemos que son xente fondamente práctica e non andan con reviravoltas teóricas. Consiguen todo o que se propoñen e sen grandes algaradas. Pola contra, os corsos que teñen outro carácter, mediterráneo digamos, obteñen menos a pesar da súa longa e forte loita identitaria. Os bretóns son máis da nosa corda, pensa dona Diáspora, de pouco barullo e ir pasiño a pasiño. Nós enchemos máis o bandullo e eles beben máis sidra pero polo demais case da familia.- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .