sábado. 09.11.2024
El tiempo
07:55
31/01/12

Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808

Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808
Unha das primeiras medidas adoptadas pola Xunta Suprema de Galicia seguindo as instrucións do tenente-coronel de artillería, Pedro González Candamo, foi a reubicación das milicias existentes, saíndo neste caso máis perxudicados os portos de vilas menores, que verán partir ós seus soldados e matriculados de mar cara outros frentes.  Esta orden non caeu nada ben nos portos da área de Fisterra, tomando o concello de Corcubión a iniciativa de expoñer unha queixa formal diante da Xunta ó tempo que presenta un plan de defensa para unha zona que consideran moi vulnerable por mar, máximo neste intre no que quedou a costa indefensa: “Al mismo tiempo que esta villa de Corcubión y sus inmediatas de Cee y Finisterre estaban alistando su contingente de más de 300 hombres que tienen remitido a la capital de esta provincia para la defensa de la causa común, se ha servido V.E. remover la tropa de milicias que guarnecia las tres baterías de esta ría... y siendo esta parte de costa y su cabo la más expuesta a insultos del enemigo por la mucha abundancia de radas y ensenadas por donde puede recelarse con fundamento qualquier desembarque, y verificado este, inevitable la ruina de estos pueblos...”. Según informacións oficiais, para ser operativas estas tres fortalezas empregarían máis de 200 homes repartidos da seguinte forma: o castelo do Cardeal de Corcubión, que contaba con doce cañóns necesitaba 96 homes; o castelo do Príncipe, en Ameixenda – Cee, tamén de doce cañóns ocuparía a 88, mentras que a batería de San Carlos, en Fisterra, con seis cañóns, necesitaba un mínimo de 28 homes para unha eficaz defensa e control da costa. O plan de defensa dirixido a mirar pola seguridade dos tres portos, castelos e zonas próximas plantexa a necesidade de facer un alistamento entre as xentes que traballaban nos campos para que ocuparan o valeiro deixado polas milicias que acababan de marchar. Así o expoñen as autoridades nunha comunicación á Xunta con data de 17 de xuño de 1808: “...que se forme un alistamiento exapto de gente terrana desde diez y seis a cinquenta y cinco años de edad, y  arregle entre ella el competente número de individuos que haian de hacer alternativamente la guardia diaria en dichos tres castillos, con el auxilio de los marineros y artilleros de mar de esta matrícula que se consideren precisos para la dirección y uso de la artillería en caso necesario...”. Os alistados ocuparían os castelos e estarían ás ordes dos nobres da zona “en calidad de comandantes de las guardias o en la clase que la Suprema Junta estime, conducente y compatible con sus circunstancias y distinción, a que voluntariamente se han ofrecido...”. Mentras tanto os xefes e cabos de trozos ocuparíanse de estar alerta en determinados puntos clave da costa para alertar en caso de perigo, contando sempre co apoio dalgún matriculado “...que vele sobre los movimientos de embarcaciones enemigas, dando parte en caso necesario para alarmar la gente, y contener qualquiera exceso o desembarque...”. O territorio galego dividíase en trozos de cara a súa defensa, tan necesaria debido ó aumento dos conflitos bélicos e a consecuente inseguridade no mar, sobre todo desde a segunda metade do século XVIII. Nesta época, para a nosa zona en concreto, a sarxentía maior de Corcubión constaba de seis trozos que agrupaban a máis de 1200 persoas, toda gente robusta. Os trozos eran os seguintes: Dumbría-Salgueiros con 200 “soldados”; Fisterra con 263; Olveira-Ézaro-Buxantes con 251; Corcubión-Redonda-Toba-Lires: 187; Cee-Pereiriña-Brens-Ameixenda: 141; Muxía-Nemiña-Touriñán: 171. A carta, que deixa a criterio da Xunta a necesidade ou non de aprobar ou reformar as medidas presentadas, remata con dúas peticións que apuntan xa a un dos problemas cos que habían de enfrontarse no ano seguinte os habitantes desta bisbarra no momento da invasión propiamente dita: a falta de xefes militares capaces de organizar e dirixir a defensa. Por unha parte solicítase que se manteñan na zona todas aquelas persoas que xa se atopan licenciadas do Real Servizo, e por outra “...se digne remitir un militar de graduación, y dé su aprobación para que instruia a dicha gente a lo menos en el egercicio más preciso del fusil y chuzo, y dar las ordenes para que los guardas-almacenes de los citados castillos franquehen la pólvora y municiones que exijan las ocurrencias...”. A contestación da Xunta a este escrito podemos calificala cando menos de decepcionante. Permitirá o alistamento pero limitando a idade mentras que no referente á custodia dos castelos, ésta non poderá ser feita polos campesiños e nobres. Finalmente danse normas de comportamento respecto dos aliados ingleses sen mencionar en ningún caso a posibilidade de enviar algún militar para adestramento e organización da defensa que se prentende montar : “...que continuen el alistamiento de todos los hombres desde 16 hasta 40 años sin excepción de persona alguna, estando prontos para lo que se les determine; que en las baterías no queden más que los matriculados y artilleros de mar; que se reciva a los yngleses que se presenten y les traten con la maior atención, franqueandoles víveres y refrescos por sus justos precios sin que por ahora se admitan en el fondeadero buques de guerra y que los nuestros de la costa se dejen reconocer por ellos para que puedan navegar francamente...”. Precisamente e en relación coa presenza inglesa na nosa costa está a carta que con data de sete de xullo de 1808 remiten as autoridades de Corcubión. Nela deixan constancia de tres fragatas inglesas, comandadas pola HMS Phoenix, que chegaran o vinte de xuño, e que aínda seguían fondeadas na zona do Cabo de Fisterra. Tamén avisan de que “...amanecieron sobre este citado cabo muchas belas, y aseguraron los comandantes de dos de dichas fragatas que era un comboy ynglés que escoltado de tres fragatas y un corsario van a Gibraltar...”. Dada a prohibición que estas fragatas teñen de entrar a porto, durante a súa estancia na zona seguirán a facer as súas operacións de mantemento e provisión de víveres “a la caída de un monte a espalda de este puerto y frente al de Finisterre con bastante incomodidad”.
  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

Novas relacionadas

As terras fisterrás no século XVIII

Especial Guerra da Independencia

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios