Egueire convoca a súa cea solidaria de Nadal
08:01 17/11/25
A familia da ONG Egueire vén de lanzar o cartel para a Cea Solidaria deste Nadal. A cita será o 13 de decembro ás 21:30h no Bar Toba, en Cee.
Xa poden reservar praza, antes do 10 de decembro, a través do correo correo.egueire@gmail.com ou falando con algún membro da directiva ou facendo un ingreso na conta da ong (ES35 2080 0313 9030 4000 5650) indicando nomes e número de asistentes.
O donativo para asistir á cea é de 30€. Se non podes acudir,é posible participar mediante a MESA 0, facendo o ingreso do teu donativo na conta.