Unha persoa ferida tras un choque frontal por vehículo en dirección contraria pola Autovía en Nantón
09:22 10/11/25
Esta pasada tarde de domingo, arredor das 20:15, en plena operación retorno á Coruña, rexistrouse un accidente noquilómetro 50 da AG-55, a altura da saída da Piolla (en Nantón, Cabana) por mor dun vehículo que viaxaba en dirección contraria.
Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Ponteceso e os servizos de mantemento da estrada.
Cando chegaron ao punto, os bombeiros comprobaron que unha das persoas era incapaz de saír, polo que a retiraron por outra das portas do vehículo.