Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808
18:42 06/02/12
A reposta dada por parte da Xunta Suprema referente ó plan de defensa exposto polas autoridades de Corcubión non deixara contento a ninguén e así a finais do mes de xuño de 1808 o propio concello corcubionés organiza unha reunión para valorar as últimas ordes e adoptar unha serie de acordos entre os que hai que salientar a invitación a autoridades de Fisterra a Cee, así como ós oficiais de marina e reponsables dos trozos para que “...se uniesen a este ayuntamiento como vocales con voz, voto y responsabilidad... teniendo en consideración que puede ofrecerse algún caso de inbasión u otras imprevistas ocurrencias que motive la causa común que nos tiene alarmados...”.
Estiveron presentes pois, o axudante militar de marina do distrito, Manuel Barruti, o caudillo dos trozos da xurisdición e partido, José Duque, o seu axudante, Juán Antonio de Andrade, o asesor de marina, Joaquín Domínguez, os abogados, Antonio de Ulloa e Salvador Figueroa, e o xuíz ordinario da xurisdición de Fisterra, Juán María de Casal, xa que o xuíz ordinario de Cee así como o seu alcalde non tiñan dado a confirmación da súa asistencia: “...que respecto la jurisdición de Cee inmediata a esta villa y de su partido por esta razón debia caminar de acuerdo con este ayuntamiento en los casos que pudiesen ocurrir se uniesen también a el, el juez y alqalde de dicha jurisdición y dos o tres sugetos de las mejores circunstancias y que se pasase oficio a aquellos para que concurriesen con estos a informarse de la citada orden de Vuestra Alteza y acordar lo mas conveniente pero aunque le he pasado dicho oficio no tuve hasta aora contestación...”.
Sabemos que esta idea de unión será retomada no ano 1809 cando as tropas francesas xa están en Galicia, tendo nesta ocasión resposta positiva por parte dos tres concellos implicados, máis neste caso será o propio pobo de Corcubión o que rexeite a participación nas deliberacións de autoridades alleas ó seu concello. Fora por estériles disputas localistas, que por desgraza siguen existindo douscentos anos despois e lastrando o desenvolvemento da Costa da Morte, ou pola pouca previsión das distintas autoridades á hora de enfrontarse a unha realidade complexa para a que non estaban preparados, o certo é que a pretendida unión nun asunto tan trascendental só tivo lugar en contados momentos.
Tampouco resultan moi alentadoras as posturas manifestadas polos responsables de marina e trozos, xa que cada un mira polos intereses dos seus grupos máis que pola causa común, aínda que según o alcalde de Corcubión “...todos están abenidos a observar imbiolablemente las ordenes de Vuestra Alteza...”. As ordes da Xunta Suprema de Galicia facían referencia a que a garda dos castelos debía ser feita en exclusiva polos matriculados e artilleiros de mar polo que o axudante de marina “... no consideraba que estos pudiesen sufrir esta fatiga por quedar de consiguiente privados de exercitarse en la pesca de que pende su subsistencia por lo que si havían de sufrirla le parecia que debían ser socorridos de algún modo...”.
O plan defensivo elaborado en Corcubión tiña contemplado primeiramente a custodia dos castelos por xentes da terra a razón de 14 homes por castelo e día que estarían dirixidos polos nobres da zona, máis cando chegan as novas directrices da Xunta o caudillo da xente armada “expuso que le parecía que no debía continuar remitiéndolos respecto V.A. imponía esta carga a los artilleros de mar y que era mui justo la sufriesen atento los terrestres tenían contribuído con su contingente para el exército y se consideraban todos militares expuestos a concurrir al primer llamamiento por lo que conceptuaba que solo en un caso de inbasión del enemigo debía hacerse concurrir a todo género de personas...”.
A decisión proposta polas autoridades reunidas en Corcubión intenta contentar a tódalas partes implicadas: “...se acordó que por aora mediante los castillos están guarnecidos aún con artilleros del Real Cuerpo, concurran diariamente a cada uno tres matriculados y que este número se revage de los catorze terrestres que lo hacían y se queden en once hasta que V.A. se dignase resolver en el particular lo que debe practicarse...”.
Outros temas tratados na xuntanza fan referencia a temas prácticos que teñen certa importancia na situación actual. Un deles fai referencia á orde da Facenda de que non se gaste nada que non sexa necesario, gardando os fondos que se obteñan das rendas, no caso de Corcubión son as procedentes da venta de augardente, para as necesidades derivadas da guerra. Outra fai referencia a quen pagará os gastos derivados das comunicacións entre concello e Xunta cando éstas se teñan que facer ó marxe do correo ordinario, ben sexa pola premura de tempo ou por outro calquera accidente, sen quedar nada en claro polo momento.
Como se pode comprobar, as máximas autoridades da vila de Corcubión, aínda pretendendo adiantarse ós acontecementos e como centro da xurisdición máis grande da zona e tamén como unha das primeiras localidades de Galicia en sumarse ó movemento en contra da invasión napoleónica, terán que ir templando os ánimos dos diferentes sectores da comarca. Xa sexa por motivos político-xurisdicionais, económicos ou incluso sociais, o certo é que nos primeiros momentos da ocupación francesa da Península Ibérica, o sentir xeral dos habitantes da área fisterrá é de que a cousa non vai con eles. Non sinten o perigo dunha invasión como algo real, considerando que unicamente ésta, no caso de producirse, poida chegar por mar. Aínda así, todo serán queixas cando se trata de contribuír á causa común. Tan só nove meses despois, a realidade sería outra ben distinta.
A finais de xaneiro de 1809 os franceses chegaron á nosa zona procedentes de Santiago de Compostela. Neste sentido podemos apuntar o dramatismo da última carta envíada desde Corcubión o 11 de xaneiro de 1809 pedindo información: “...este pueblo se halla en la maior consternación con las vagas noticias que acaban de esparcirse relativas a que nuestro exército se ha replegado sobre Orense y que un grueso cuerpo de tropas francesas se ha internado en este Reyno en extremo de hallarse ya parte de ellas en Lugo...”. A carta ten nunha esquina unha anotación reveladora da preocupación daquelas xornadas: “...sale el conductor a las 6 y media de la mañana del 12 del corriente enero encargado de regresarse a toda diligencia...”. A resposta da Xunta do día 14, desde Santiago de Compostela, será a última antes da súa desaparición e confirma desgrazadamente o que en Corcubión xa se intuía: “...según todas la noticias, los enemigos se hallan legua y media de distancia de esta ciudad, aunque se ignora sú número. El egército del Sr. marqués de la Romana se ha replegado a Orense, y en estas circunstancias tomarán vuestras mercedes todas las medidas y precauciones con arreglo a las reales órdenes comunicadas, no sólo para la defensa de su país sino para concurrir a la general del Reyno...”.
Sen dúbida, a desaparición da Xunta Suprema tan pronto os franceses se aproximan a Santiago e a falta dun referente a quen dirixirise, trastocou os plans iniciais, máximo tendo en conta que co Marqués de la Romana non se podería contar, claro que eso non o sabían os veciños de Corcubión.

- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
As terras fisterrás no século XVIII
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).