As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino
Moi querida neta Cristina:
Escríboche estas liñas para que vexas que as avoas e os avós galegos seguimos enganchados ao carro arxentino. Na nosa última reunión ---cada vez con máis asistencia--- da agrupación "Cristina da Fonsagrada" falouse dun tema que coñecen ben os emigrantes no Río da Prata. A gran maioría de nós fomos alá abaixo pequenos ou medianos empresarios que sacamos adiante ás nosas familias mediante anos de laburo honrado. Así que nos interesa moitísimo o analizar se van ben encamiñadas as medidas que estás impulsando para a protección da industria nacional.
O noso maior interese é que a Arxentina progrese para que os nosos herdeiros se unan de corazón a unha terra xenerosa na que nunca nos faltou unha man amiga cando a necesitamos. Os intervintes destacaron que grazas ao comercio ou industria que rexentaron puideron vivir ben e aforrar un pesito para que os fillos fosen á universidade. Falaron albaneis, almaceneros, baristas, carniceiros, colectiveros, carpinteiros, panadeiros, pizzeros e tacheros. En tres horas que se nos fixeron curtas abríronse páxinas con historias de superación e de rápida adaptación a unha nova realidade.
Algo que debés de ter presente é que un 99% dos que viñemos para Bos Aires non seguimos co mesmo oficio que tiñamos na nosa terra de orixe. As opcións laborables eran escasas; ou no mar pescando ou no asuco labrando. No meu caso era un feliz e novo leñador que percorría os montes de San Pedro de Neiro e de Santa María do Trobo cortando piñeiros. No bosque sentíame ben pero non había un mango. A madeira pagábase moi mal. Aínda que para os meus gastos ía quitando, o meu desexo era comprar unha casa de labranza. Con sorte tería o diñeiro aforrando non menos de 30 anos. Así foi que agarrei rumbo sur coa intención de xuntar o necesario para comprar terras de labradío, o que nós chamamos "leiras".
Cando cheguei a Bos Aires, unha cidade enorme que me deixou asombrado, pensaba en laburar no primeiro que saíse. Fun xastre por pura casualidade. Un curmán da miña nai da aldea de Arquide ofreceume ir de aprendiz á súa sastrería. Así foi a cousa. Nunca imaxinei que ía cambiar o machado por unhas tesoiras e o fío de coser. Todo isto, Cristina, vén a conto porque os meus compañeiros defenden o plan de desenvolvendo da industria nacional. Aseguran convencidos que non podemos permitir que a competencia desleal péchenos os nosos talleres. Débese de controlar con lupa as importacións para que os mafiosos do "Made in China" non sexan os donos das nosas vidas. Non é ético que ingresen en Arxentina produtos de man de obra infantil ou escrava. Felicítanche e anímanche a seguir pola senda que está abrindo fábricas nas que teñen emprego mans arxentinas. O futuro fórxase laburando.
Despídome. Voume correndo a tomar uns amargos co meu veciño "O Vello Pancho". Don José usa unha yerba especial que lle mandan da Banda Oriental. Di que é exclusiva do seu querido pobo de El Tala. Bueno, parece que os uruguaios tamén se están avivando.
Recibí unha forte aperta do avó que non te esquece.
- Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).