As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova
Moi querida neta Cristina:
Escríboche unhas liñas que espero leas con detenimiento. Os avós emigrantes consideramos que é a nosa obrigación o apoiarte na lexítima reclamación de que as illas Malvinas volvan a mans dos seus lexítimos propietarios: os arxentinos. Como recordarás, acá arriba xuntámosnos/xuntámonos todos os venres pola noite na agrupación electoral "Cristina da Fonsagrada" para evocar os felices anos vividos a beiras do Río da Prata. Cando percibimos problemas que afectan sexa á nosa primeira ou segunda patria enseguida poñémonos en acción decidida para botar unha man.
Agora mesmo andamos medio alterados coas malas noticias que nos chegan de Galicia sobre unha repentina crise que está roldando a nosa máis importante empresa pesquera. Vós a conocés, referímonos a Pescanova. Recordas de Rodolfo Langostino? É, sen dúbida, unha referencia mundial na elaboración de produtos do mar para o consumo humano. Ao parecer, os mesmos voitres que revolotearon pola fragata "Liberdade" chegaron ao porto de Vigo para picotear nunha recoñecida empresa galega que é sinónimo de calidade e innovación. Uns delincuentes financeiros atacan con alevosía o patrimonio que a pionera familia dos irmáns Fernández López comezou a construír no ano 1960.
Para saber de certo o que está sucedendo, ocorréullenos convidar ao compañeiro Valentín Paz Andrade. Elixímolo pola súa dobre condición de experto en dereito pesquero e polo seu incondicional defensa da xenerosidade do pobo arxentino para cos "gayegos laburadores". A súa intervención durou dúas horas. Ninguén se moveu do asento malia que se transmitía en directo pola "Radio do Ceo". O pontevedrés Paz Andrade comezou o seu informe recordando cando coñeceu no Club Naútico de Vigo ao empresario lucense José Fernández López a finais dos anos 50 do século pasado. Logo, con todo tipo de detalles foinos explicando a evolución da empresa. Informounos que as técnicas de elaboración e de conxelado en altamar son a marca da casa e a clave do éxito que se materializa nunha gran demanda dos consumidores.
Asegurounos que a crise non ten relación algunha coa xestión xa que a facturación aumenta ano tras ano. Para Valentín a orixe do problema está nas accións que cotizan na Bolsa de Madrid. Os culpables son uns agresivos millonarios que se ocultan detrás dos seus opacos fondos de investimento e que planificaron un ataque especulador para facer caer bruscamente as accións. Acá teño apuntado un cachito do que dixo: "Hoxe en día, estimados compañeiros, non hai honor nin palabra que valla nos negocios. Antes un acordo era sagrado e negociábase para repartir o beneficio entre as partes implicadas. Agora non se respecta nada. Mandan os que non saben un carallo do mar e contrólannos os especuladores financeiros que nunca pisaron a cuberta dun barco. Creo sinceramente que os partícipes dos fondos de investimento son máis perigosos que os vellos piratas de Eugène Sue [Kernok, lle pirate], Robert Louis Stevenson [Treasure Island] ou Xosé Mª Lema [Costa do Solpor]. Estes neo-filibusteros das finanzas ---escuse me, Mr. John Silver--- compran inofensivos papelitos que os seus envenenadas mans converten en letal arma de destrución de emprego".
Bueno, estimada neta, entenderás que o amigo Valentín non se anda polas ramas. Antes de terminar o seu disertación dirixiuse a min ---diante de todos--- para pedirme que te escribise unha carta coa súa proposta de elaboración e firma dun convenio ou acordo entre o INIDEP [Instituto Nacional de Investigación e Desenvolvemento Pesquero] e PESCANOVA. Os barcos galegos terían á súa disposición as augas patagónicas e o Porto San Julián para base de aprovisionamiento. En opinión de Valentín sería unha boa patada á recente burla de convocar un plebiscito ilegal nas Malvinas. Unha farsa organizada para que a poboación residente un unha colonia británica elixa seguir sendo o que son, estranxeiros en terra arxentina. Di o noso paisano que vós tenés que contraatacar con medidas non violentas que lle deixen claro aos invasores que hai que sentarse á mesa de negociacións.
A nós, Cristina, parécenos que a súa suxestión é moi razoable. Significa un claro beneficio para Arxentina o asociarse coa empresa que sabe máis de pesca no mundo. É certo que as merluzas son arxentinas pero Pescanova posúe a máis moderna tecnoloxía transformadora e unha ampla e recoñecida presenza no mercado consumidor europeo. Abriríanse as portas patagónicas para a entrada de técnicos galegos que virían axudarnos ao despegue dunha industria de elaboración de conservas e conxelados que é evidente aínda temos en pañales. Pensamos que a nosa segunda patria progresa si depende menos do consumo de carne vacuna. Si comemos máis peixe quédannos máis miles de toneladas de carne para dedicar á exportación. Agora coméntoche a razón de suxerirche a nosa idea de que a firma do acordo teña lugar no Porto San Julián. O fundamentamos en que alí cerquita; case en fronte, morreu o heroe mariño mercante Manuel Olveira Ínsua. Ademais é a cidade austral na que vive Josefa Silva Castro. Sabemos de antemán que te rirás escoitando as anécdotas da cordial emigrante de Fisterra que desde finais de agosto de 1958 chea de alegría aquela sureña beira santacruceña.
Despídome. Recibín o abrazo cariñoso do vello emigrante que non che esquece.
- Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).