venres. 02.05.2025
El tiempo
20:20
20/03/13

As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano

As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano

Moi querida neta Cristina:

Como poderás imaxinar, os avós emigrantes estamos moi contentos ao ver que os rancios cardeais aviváronse e elixiron a un veciño noso como novo Papa. Na última reunión da agrupación "Cristina da Fonsagrada" convidamos a un cura amigo ---Manuel Espina Gamallo--- nacido en Terra de Montes [Pontevedra] que coñeceu Bos Aires e que sempre estivo á beira dos emigrantes e dos movementos sociais en Galicia. O bo de Espiña non chegou a bispo porque foi sempre un rebelde con causa dos que non se calaban diante das inxustizas e así non hacés carreira eclesiástica. O primeiro que nos dixo sorprendeunos ao vir dun sacerdote do á "progre". Opina que é un cambio moi positivo porque unha cousa é ser conservador no seo da igrexa europea e outra ben diferente en Arxentina. Aínda que a doutrina é a mesma o "tano porteño" Bergoglio viviu e foi moldeado por unha realidade que o achegou ao pobo.

Sabendo que son o teu avó pediume que che transmita os seus humildes consellos. Quere recordarche que hai unha similitud entre vós e o novo Papa que vai máis aló da nacionalidade e de que sexas católica. Para Espina o que che achega ao Papa Francisco é o mesmo orixe familiar, é dicir, ser netos de emigrantes. Unha presidenta "gayega" e un Pontífice "tano" están unidos pola suor dos avós que cruzaron o mar para quentarse ao ladito do bo fogón rioplatense. Tamén nos falou de que non debés de caer en prejuicios e considerés a súa condición de jesuíta como unha verdadeira garantía de seriedade. Fíxonos un resumo das características da "Compañía de Jesús" fundada por San Ignacio de Loyola que nos abriu os ollos ás distintas sensibilidades que conviven na ampla igrexa católica.

O que máis nos gustou foi a súa comparación con Jesucristo ao analizar o episodio bíblico das vodas de Caná que, lembrarás é a conversión do auga en viño. Para Espiña simboliza que en Caná actuou Jesucristo que era un gran químico espiritual, é dicir, o antecedente directo do actual químico profesional que ocupa a "cadeira de Pedro". Díxonos algo así: "Imos ver os meus amigos. Vostedes son creyentes. A nosa fe lévanos a non dubidar de que hai un designio divino na elección do novo Papa. Non foi o azar o que elixiu a un Papa arxentino, fillo da emigración e ademais coa carreira de Química. Iso é así porque Francisco será o renovador dunha igrexa afastada dos pobres e lograrao por medio da oración e da síntese química no laboratorio central do Vaticano. O primeiro que fará será converter as riquezas en compaixón e o segundo que todos os bens materiais sexan dons do espírito".

Entenderás, Cristina, que ficamos mudos. Non sabemos nada de teoloxía pero o compañeiro Espina non se perdeu entre as ramas de separar o poder terrenal do espiritual ao manifestar o seu convencimiento de que o novo Papa comezará co cambio mediante algo tan simple como o establecemento semanal dunha Mateada Espiritual cos seus colaboradores máis próximos. Á tardiña entre mate e mate iranse desgranando un a un os erros cometidos e poñeranse por escrito as bases para arranxar e solucionar as moitas metida de pata. A entrada do mate no Vaticano é unha revolución, segundo Espina. O uso da "yerba" democratizará un sistema jerárquico milenario que agora coas novas tecnoloxías é cousa do pasado. De novo é América a que enriquece a dieta europea pero sen esquecer que os evanxelizadores pais xesuítas das misións guaraníes eran moi bos materos.

O noso compañeiro Espina preguntouse si vos xa sabías que o Papa ía a implantar as "mateadas" ao ver que lle regalaches un fermoso xogo de mate e bombilla en ouro e prata. Algo que lle preocupa moito é a máis que posible oposición da Curia romana que non quere reflexionar logo de centos de anos controlando o patio ao seu antojo. É de supoñer que os "tanos auténticos" se poñerán ás novas modas importadas por un "tano porteño". Aferraranse con uñas e dentes á súa crenza de que se está máis preto de Deus bebendo un capuchino diario. Non queren probar unha "yerba" americana que pode producir o efecto secundario de convertelos en máis honrados, xustos e piadosos. Si as rodas materas vaticanas teñen éxito é evidente que aumentará a exportación de "Taragüí" que enseguida agregará nas súas envases unha ben visible banda impresa en amarelo: "A yerba do Papa".

Despídome, non te entreteño máis. Recibide o abrazo do avó galego que non te esquece.

  • Pascasio Fernández Gómez.

  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios