Mércores. 15.05.2024
El tiempo
09:00
22/02/11

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I)

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I)

1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida

Cando tratamos de achegarnos á historia do que foi Cee e o seu actual concello debemos ser conscentes de que as divisións territoriais do presente gardan moi pouca relación co pasado. O actual concello de Cee naceu, ó igual que os demáis concellos galegos no ano 1836, pero no Antigo Réxime, os territorios que compoñen o actual concello ceense estaban claramente delimitados en dúas partes; por unha banda está a propia vila que forma unha pequena illa pertencente o Arcediago de Trastámara, polo tanto estamos ante un territorio de señorío eclesiástico e xurisdición ordinaria propias, frente as demáis parroquias dos arredores pertencentes ó Conde de Altamira, é dicir, eran parroquias de señorío secular onde os Condes tiñan a potestade de nomear xuíces, alcalde e outros cargos, ademáis de cobrar certos dereitos ós seus moradores por razón de señorío. No caso da vila de Cee a situación era máis ou menos semellante ca única diferencia de que a figura do Conde é sustituída aquí polo Arcediago de Trástamara, dignidade da catedral compostelá, que igual cá o Conde só se preocupaba polos asuntos dos seus territorios cando había problemas no pago das rendas, ou cando os veciños lle reclamaban diante da máxima autoridade xudicial, a Audiencia do reino de Galicia, o que eles consideraban que era seu. Así pois, esta dicomotía de xurisdicións e señoríos tiña os seus lóxicos efectos na vida de cada día. Un exemplo moi clarificador do que estamos a comentar sería o caso da xustiza no que podía chegar a darse o caso de que un ladrón de Cee poidera pasar a Corcubión onde estaría a salvo, xa que o xuiz de Corcubión, baixo a potestade do Conde de Altamira non tiña autoridade sobre os veciños de Cee por pertencer a outra xurisdición, neste caso do Arcediago de Trastamara. Evidentemente, podíase dar tamén a situación contraria e así debía ocurrer polo que tanto o Conde de Altamira como o Arcediago de Trastamara acabarían por chegar a un acordo para tratar de poñer remedio a esta situación, que creaba serios problemas e unha certa inseguridade entre os veciños, xa que os ladróns tiñan moi fácil o seu “traballo” de evitar a xustiza. Por eso firmarase na cidade de Santiago unha concordia o día 10 de xullo de 1548 entre Don Lopo Osorio de Moscoso, Conde de Altamira, e Don Francisco de Santillán, arcediago de Trastamara, nos seguintes termos (“Concordia de 10 de julio de 1548 entre los Señores Conde de Altamira y Arzediano de Trastamara relatiba a que los reos de las Jurisdicciones de Corcubion y Cee no se pudiesen guarecer de una a otra”): “... que por bia de concordia çerca de los mal echores que se acogian de una jurdiçion a otra se conçertaban e abenian en la forma e manera seguiente: que acogiendose algun mal echor dela villa e jurdiçion de Çe a la villa de Corcubion o de otra qualquiera parte dela jurdiçion de la merindad de Corcubion que la justiçia del dho señor arçediano pueda ir a la merindad de Corcubion a prender e prenda el tal mal echor con que no llebe bara de justiçia quando fuere a entender en lo que dho es y preso lo entregue al merino e justiçia de la villa de Corcubion y despues por carta rrequisitoria que el dho merino entregue al tal mal echor al dho señor arçediano oa su justiçia y que asi mismola justiçia del conde mi senor pueda ir a la dha villa e jurdiçion de Çe y prender a los mal echores que se le acogieren a la dha villa y jurdiçion  de Çe...”. Feita esta aclaración, da que xa temos escrito no Que pasou na Costa, nas seguintes entregas profundizaremos nun dos temas sobre os que temos máis dificultades para a súa reconstrucción: a poboación. * Nota aclaratoria da imaxe: No escudo desta linaxe podemos diferenciar os seguintes elementos: na metade da esquerda: en campo de prata unha cabeza de lobo arrancada de sable, linguada e sangrante de gules (en referencia ós Moscoso); na metade dereita: en campo de ouro dous lobos pasantes de gules un sobre o outro (en referencia ós Osorio); no borde temos oito escudos pequenos  mantelados, con castelo de ouro sobre gules e un león rampante de gules. En heráldica, o termo “gules” fai referencia a cor vermella e ten connotacións de belicosidade, alteza, victoria e fortaleza, entre outros.
  • Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)

Que pasou na Costa na época moderna

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios