As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II)
2. As fontes para o seu estudio no século XVI
Canto máis nos perdemos no tempo, maiores son as dificultades ás que hai que facer frente para calibrar o volume de poboadores que tiveron as terras ceenses. O problema principal é o das fontes, xa que na maior parte dos casos temos que traballar con documentación fiscal, cos problemas de ocultación, falta de homoxeneidade e universalidade..., que ela conleva. Tamén nos valeremos dalgúns censos e vecindarios conservados para distintos momentos xa que a información procedente dos rexistros parroquiais, que nos permitirá unha aproximación á evolución, na longa duración, da poboación, non é empregable alomenos ata mediados do século XVII.

A única forma de achegarnos ó volume da poboación nestes anos é a través da información que nos proporcionan as fontes fiscais, é dicir, os diferentes recontos de poboación encargados de levar a cabo pola Coroa de Castela con miras a cobrar os diferentes impostos. Neste senso, o reinado de Felipe II (1527-1598) caracterizouse por un reforzamento e mellora da administración e dos órganos de goberno. Aínda así, estes recontos nunca foron concebidos con fins demográficos, pero ante a falta de documentación doutro tipo, os historiadores intentamos sacarlle ó máximo partido a este tipo de fontes, tendo moi presente que os resultados obtidos deben ser tomados como un referente da situación e non como un valor absoluto. Sería moi interesante contar coa documentación parroquial pero en Galicia este tipo de documentación non é doado poder contar con ela antes do século XVII, é ainda en moitas ocasións, como no caso da nosa comarca, hai que esperar ata mediados do mesmo século. Situación ben diferente é a de Castela onde contan con rexistros sacramentais dende mediados do século XVI.
O primeiro reconto de poboación que se coñece data do ano 1533 (Reino de Galizia: aberiguaçion de los vezinos pecheros delas çinco provinçias del Reyno de Galizia e lo que pagaron de servicio el año de 1527 y parescer y repartimiento por mayor en cada provinçia y por menor en todos los partidos e que vezinos pecheros son en todo el dho Reyno. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid).
O seu fin é o de coñecer a poboacion dos distintos territorios da Coroa de Castela para poder facer o reparto de impostos (o servizo neste caso), segundo a poboación de cada coto e xurisdicción, que é a unidade territorial empregada neste intre. Tómase tamén como referencia o que pagou cada coto no ano 1527 para facer así un primeiro cálculo do que podería aportar cada territorio no ano 1533. No ano 1571, a Coroa de Castela ten a intención de repartir polos seus territorios ós moriscos granadinos, a fin de evitar levantamentos como os que tiveran lugar recentemente. Por este motivo é necesario coñecer a poboación de cada lugar co fin de ver como se podería facer mellor o reparto: “Y para azerse el Repartimiento como conbiniere, manda su Magestad sede Relaçion particular de los pueblos que ay en este Reino asi Realengos y esimidos como abadengos y de señorio y de los vezinos que cada uno tiene y tambien de las parroquias que ay en ellos y los parroquianos que tiene cada parroquia y las comodidades e ofiçios artifiçios que ay...”. (arquivo Xeral de Simancas- Valladolid)
Finalmente, a primeira ocasión na que as fontes nos permiten achegarnos ó total da poboación que tería o actual concello ceense ten lugar no ano 1587. Nese ano por mandado de Felipe II faise un vecindario parroquia por parroquia. Coñécese este reconto como Censo de los Obispos, por ir a orde dirixida especialmente a eles para que, a través dos párrocos dos seus respectivos obispados, se levara a cabo.
Nas seguintes entregas veremos os datos que nos aportan cada unha destas fontes.
Na imaxe: o rei Felipe II, co que a monarquía hispana acadou as máis elevadas cotas de poder e expansión internacional, aínda que á costa dun enorme peso dos gastos militares que acabarían por asfixiar á maltreita Facenda Real. A situación chegou a ser tan mala que houbo que declarar a quebra ou bancarrota en tres ocasións: 1560, 1575 e 1596.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).