As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (VI): o nacemento do concello de Cee
No plano administrativo, despois da Guerra de Independencia moitas cousas cambiarán e así, os territorios que hoxe forman o concello de Cee deixarán de formar parte da provincia de Santiago. Ó promulgarse a Constitución do 1812, pasa a formar parte da provincia única de Galicia e ó facerse a división de Galicia en catro provincias, polo D. de 27 de xaneiro de 1822, e despois unha segunda polo D. de 30 de novembro de 1833, nas dúas ocasións se integra na provincia nova da Coruña, onde segue. Ademáis, durante o trienio liberal e coa resturación da Constitución no ano 1820 crearase un concello na vila que ó establecerse a nova división xudicial pola Deputación o 3 de marzo de 1820, queda comprendido no partido xudicial de Vimianzo. Logo o facerse un novo reparto polo R.D. de 21 de abril de 1834, cambia de cabeceira o formar parte do partido de Corcubión, no que permanece ata o de agora.
Rematando a década de 1820 realízase, por parte da igrexa Compostela, un estudio que inclúe o valor das rentas e freguesías do arcebispado. É a última vez que os datos de Cee aparecen cos de seu anexo, Lires, que pouco despois, nos primeiros anos da década de 1830 pasará a ser parroquia por sí. Na vila de Cee, as renta e décimos seguen a ser levados polo Arcediago quedando para o párroco os tributos menores (como a oblata que os fieis pagan a razón de 1 real e 26 mrs. por matrimonio mentras que os labradores pagan en especie: ½ ferrado de millo e unha ducia de ovos). As capelas fundadas por patróns laicos, a de s. Xoán Bautista e a da Trinidade están semiabandoadas e as súas misas non se cumplen desde fai algúns anos. A ermita da Magdalena non se atopa nun estado mellor, faltándolle desde fai moito tempo incluso a porta de entrada. Das cofradías, só quedan a de San Roque, que se atopa na práctica case que extinguida, a do Santísimo Sacramento, que se constitúe en xullo de 1825 con 62 veciños que acordan a súa unión á fábrica parroquial, e a de Ánimas, que é a única que subsiste normalmente aínda que con bastantes dificultades, o que levou a que tivera que cambiar as condicións de ingreso xa que coas cotas dos cofrades non chegaba para facer frente a tódolos gastos derivados do falecemento dos seus membros. Así, no ano 1824 decídese pasar a media libra de cera en vez da libra enteira o gasto de velar e enterrar ós cofrades. Tamén se aumentan as cotas de entrada en función da idade (así, de 7 a 20 anos: 20 reais; 20 a 30: 30 rs.; 30 a 40: 40 rs. etc.) para deste modo evitar a la Cofradía mayores dispendios que es incapaz de soportar su renta.
Voltando a organización administrativa do territorio, será polo R.D. de 23 de xullo de 1835 cando se den os primeiros pasos para o establecemento da división municipal que chegou ata os noso días. En maio de 1836 publícanse no BOPCO, número 123 do 11 de maio, os novos concellos creados polo partido xudicial de Corcubión. Entre os sete que se nomean non aparece ningún que leve ou teña o nome de Cee. O feito atopase en que o concello de Corcubión, segundo figura no proxecto, comprende en total nove parroquias, entre elas as que logo serían de Cee, e as de Corcubión e a Redonda. Unha vez pasado o plazo de observacións o expediente foi levado a sesión da deputación de 6 de xuño de 1836, e nela adoptaron, os seguintes acordos: o concello de Corcubión queda reducido a vila de Corcubión e a parroquia de San Pedro da Redonda. As demais parroquias que figuraban nel, pasan a formar outro concello co nome de Cee, e coa capital na vila de Cee. Acto seguido a Deputación da Coruña procedéu a publicar a distribución dos novos concellos (BOPCO número 139 do 18 de xuño de 1836) no que o concello de Cee, aparece con sete parroquias, xa que a de Codesos aínda non a integra en Pereiriña, 605 veciños e 2769 habitantes.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema con Darío Areas.
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (I).
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (II): a situación xeral da vila de Cee (1796-1809).
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (III): a igrexa da Xunqueira trala invasión.
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos IV: a reconstrucción da igrexa da Xunqueira.
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (V): a problemática da pesca da sardiña.
A gran crise europea
- Unha gran crise europea (1709-1711): as orixes da nosa emigración.
- Unha gran crise europea (1709-1711) con repercusións tamén na Costa.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).