Xoves. 01.12.2022
El tiempo
10:30
28/04/12

Cociñando á beira do mar, con Raúl Góñez

Cociñando á beira do mar, con Raúl Góñez

Presentamos hoxe unha nova colaboración en QPC. Raúl Góñez, un fisterrán aos fogóns do Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión, convírtese no noso novo colaborador gastronómico, unha necesidade para QPC que apenas coidamos do noso forno.

Raúl amosaranos o seu novedoso xeito de traballar na cociña, ademais de facer fincapé na importancia do produto local, e do produto de temporada.
E precisamente nesa liña mesma liña vai a nova columna "Cociñando á beira do mar". Raúl traeranos diferentes receitas de produtos da casa, e de produtos que tocan segundo a época do ano, facendo un guiño á agricultura ecolóxica e outro á cociña 2.0.

Cociñando á beira do mar, con Raúl Góñez: Cebiche de Ourizos

Cando me dixeron se quería botar unha man en QPC non o pensei dúas veces. Faciame moita ilusión poder poñer o meu gran de area neste proxecto. Decidimos que esta sección iría enfocada a falar un pouco do produto da nosa zona, curiosidades, tempadas, receitas…

E como non podía ser menos, decidín comezar a falar dos ourizos de mar, eses bichos de cor negro pardizo que abundan nas nosas costas desde principios de novembro ata que entra a primavera, que é cando fan o seu desove.
Pois ben, o que realmente aproveitamos son as gónadas do bicho, as súas cinco glándulas sexuais. Uns órganos realmente suculentos, cargados de sabor a algas e a Iodo, que representan un 15% do seu peso total.

Este marisco pertence a familia dos equinodermos, esta palabra significa ¨pel con espiñas¨, e pertencen á mesma familia que as estrelas de mar e os ¨carallos das posas¨.
O caparazón está formado por placas calcáreas enganchadas entre si e está cuberto de espiñas que lle sirven para a súa protección e tamén para moverse.
A boca do ourizo chámase linterna de Aristóteles xa que este famoso filósofo foi o primeiro en describila nun dos seus tratados.

Cebiche de Ourizos (4 pax)

Ingredientes:

  • 180 a 220 gr de ovas de Ourizo.
  • Catro ou cinco limas ou no seu defecto limóns de horta.
  • Media cebola mediana.
  • Media guindilla.
  • Un dente de allo.
  • Unha chisca de Ron.
  • Sal.

Elaboración:

Está é unha elaboración moi sinxela, na que imos a cociñar o produto co zume das limas.

  • Poñemos as gónadas nun bol e rociámolas co zume das limas.
  • Engadimos a cebola e os allos moi picadiños.
  • Limpámola guindilla das súas semillas, picámola finiña e incorporámola.
  • Rectificamos de sal, engadimos o chisquiño de Ron.
  • Mesuramos ben e deixamos reposar durante 30min.


Novas relacionadas

Fonte

comentarios