xoves. 08.05.2025
El tiempo
20:10
22/09/11

Constitución. Solutions

Constitución. Solutions

Agora que xa foron dinamitadas as pontes supostamente tendidas na transición entre as dúas Españas, as nacionalidades históricas e as tendencias máis extremas penso chegado o momento de falar do xeito no que queremos avanzar dende este punto.

Partindo da base de que a ninguén importa o máis mínimo o que aquí se vai dicir me explaio sen problemas. A miña máxima, o meu mantra é o de poder dicir, nun futuro non moi lonxano “xa o sabiades”. O repito como outras veces porque despois, cando educación e sanidade sexan de pago, cando só os pudentes e os do “partido” poidan acceder a determinadas cousas non quero que ninguén poida dicir “anda¡, non sabia nada”. Falso. Se sabía. E quen apoiou, de cara ou en segredo, a este fato de delincuentes de guante branco debe ser responsable da súa decisión. Ao gran.

Estas son as reformas máis perentorias que SI deberíamos ter feito na Constitución (non a ditada polos mercados).

Elección do presidente do Goberno por sufraxio universal, independente das eleccións a deputados (poderían suprimirse os senadores dado que unicamente once deles suscribiron finalmente a petición de celebración dun referéndum sobre a reforma da Constitución, unha cifra que queda lonxe das 26 firmas requiridas para a convocatoria da consulta. E dicir, non teñen utilidade nin para isto ¿para que son?).

Aí comezaría a separación de poderes.

Cambio da Lei Electoral e abolición dos partidos políticos tal e coma existen na actualidade. Os partidos deben ser viveiro de ideas pero nunca organizacións con animo de lucro (por moito que se minta nos seus estatutos). Non debería ter opción de contar con empregados pagados nin moito menos xestionar fondos públicos ou privados sen un control exhaustivo dun organismo independente). Ninguén debería de ter que presentarse “por un partido” para pregar o seu razoamento os designios do partido. Iso, adopte a forma que adopte, e basicamente fascismo.

Revisión urxente do concepto alcance do Estado das Autonomías. Como teño dito moitas veces ou se é ou non se é. Si o que se desexa é crear un estado federal que dea cabida as lexitimas aspiracións soberanistas dos estados históricos fagámolo ben. Un parlamento, unhas atribucións fiscais e legais firmes e unhas responsabilidades efectivas (xurídicas por suposto, policías, sanitarias, educativas, etc) que non dependan da tendencia política de turno senón dun plan serio e consensuado. Chamarlle a unha “torta de merda” como “torta de marmelada” non fai que saiba do mesmo xeito.

Isto é o urxente. Si, son consciente de que hai máis de catro millóns de parados, pero teño a total convicción de que o PP non vai acabar co paro, salvo a cambio dun prezo que eu polo menos non estou disposto a pagar. Sen saber onde imos non vale a pena que vaiamos a ningunha parte. E menos mal acompañados.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Verdades anteriores

Comentarios