Cuestión de tempo
10:03 28/01/11
A esta hora na que trato de xestionar os meus pensamentos para volcalos como cada semana neste espazo de reflexión síntome en certo modo incapaz de autorizarme a dicir o que debería dicir despois da infamia sufrida a conta de goberno e sindicatos. Ocorréseme unha serie grande e elevada de exabruptos, faltadas e directamente insultos que dedicar a esta panda de chupatintas, pagados de si mesmos, pero, penso, ¿vale a pena?
A estas alturas da historia dáme, como soe pasar, por lembrar os clásicos, ¿Qué pensaron os grandes da política e da historia recente do país en ocasións tan intensas e inxustas como as que vivimos na actualidade?. Penso en Azaña, que perdeu unha guerra e un país. Penso en Ortega, longos debates cheos de argumentos e frases memorables, en Jefferson “A arbore da liberdade debe ser regado de cando en vez co sangue de patriotas e tiranos, é o seu abono natural”. Penso en Kennedy “Non pense que pode facer o seu país por vostede, pense que pode facer vostede polo seu país”… ¿Por qué país?.
As preguntas agólpanse na miña cabeza, ¿vale a pena?. Cando, no día no que se decide que regras van rexer a conduta do estado en materia de “estado do benestar” coa maior regresión en dereitos do último século penso, sinceramente, que non. Non vale a pena dala cara por quen non se respecta a si mesmo. Un pobo anestesiado, drogado, totalmente sumiso a conservar un estado de vida que non e seu, que pertence e dirixen outros, a banca e o capital, no sentido mais penoso e dramático da expresión.
¿Sirve de algo?. Si, mil veces si. Falar, expresar, motivar, defender, entender, facer entender os dirixentes que nin estamos xordos nin cegos aínda que as veces o pareza. ¿Queremos vivir así?. Non, seguro que non. Non queremos ser sangrados a impostos para, despois, descoñecer a que se dedican realmente ese cartos. Non queremos ser sangrados economicamente para manter o estilo de vida dunha elite política que non merecemos pero si padecemos. Non queremos ser os pagadores que nada reciben salvo desculpas e estatísticas. Pero a realidade é que iso é o que somos. Os pardillos.
¿Ten solución?. Si, pero custa. Hai que estar disposto a correr riscos, risco auténticos. Estar disposto a pensar, a decidir, a asumir as decisións e a levar as rendas autenticas da nosa vida. Non serven mais escusas, nada de votarlle a culpa a aquel, o outro, os cans que poboan as bancada dos parlamentos, os millonarios que nos oprimen e castigan. Decisión e coraxe. Hai que estar disposto a loitar, e iso implica cousas e rasgos da personalidade que non todo o mundo ten. Valentía, capacidade, sentido común. Pero ¿é posible?. Si. So hai que estar disposto e ser capaz. Nada de partidos políticos, nada de asociacións políticas, so persoas e individuos presentándose a cargos libremente elixidos. Nada de campañas cheas de despilfarro. O imprescindible para dar a coñecer persoas e proxectos. Nada de soldos vitalicios, pensións por traballar oito anos nun parlamento (¿Iso é traballo?). Nada de sindicatos, so traballadores libremente representados, colectivamente, en función das súas ramas profesionais.
Nada de banca privada. O único capital que quero é o capital público. Ou privado si, pero controlado en función da súa procedencia. ¿De onde saen todos eses millóns desaparecidos co primeiro golpe da crise na bolsa?. Nunca existiron. Puro xogo de maxia contable. Nada de bulas fiscais para equipos de fútbol, caixas de aforro … a pagar, como todo o mundo. E se non poden, embargo. Como a todo o mundo.
Pero hai que estar dispostos a sufrir, a loitar, a saír a rúa, a recriminar en publico os seus representantes públicos, alcaldes, deputados, congresistas, senadores. A todos … ¿Señor alcalde, porque esta isto sen facer?, ¿señor conselleiro onde esta a autopista, o tren?, ¿señor presidente, onde están as empresas, as oportunidades, o emprego?. Eu paguei pero vostede segue a negarme o pan e a sal ¿Por qué?. Así, a cara, na rúa. Hai que estar dispostos a asumir que en tódalas loitas hai caídos. Nesta tamén. E asumir que ás veces hai derrotas.
Pero hai que loitar. Podemos retrasalo, seguir anestesiados pero a fin, un día, teremos que loitar. So é cuestión de tempo.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.