sábado. 03.05.2025
El tiempo
09:40
13/07/12

Dez cousas que non teñen xeito

Dez cousas que non teñen xeito

…E que deben cambiar polo ben de todos. Así debería ser o título hoxe deste espazo, dado que se acumula o número de desfachateces, mentiras e falcatruadas que o goberno de titiriteiros nos ofrece cada semana. Hoxe a lista é un compendio de unha serie de sin sentidos que me abruman e me sorprenden. Aí o vai…

Houbo unha miragre económica. Falso. O periodo transcorrido entre 1998 e 2008 é a maior fraude perpetrada nunca nunha economía, xusto por detrás da que se perpetra a esta hora. Liberalizar sen control un mercado (o inmobiliario) non é miragre ninguna. É unha falcatruada e mesmo un mono pode ideala e executala coma se fixo. Só ten que saber premer un botón. A miragre pasa porque a día de hoxe non andemos aínda a tiros os uns cos outros e cos políticos. Eso si é unha miragre.

As novas xeracions están moi ben preparadas. Certo a medias. Unha parte ben pequena e actualmente no estranxeiro das novas xeracions esta ben preparada. O resto fuxiu dos estudos ao tempo que descubría que sendo un mal albanel gañaba mais que alguns licenciados dando clases. A construción matou a mais do 70% da xeracións que vai dos 21 os 27 anos. Ou se prepararon a medias ou se prepararon mal. Ademais, ter un título non garantiza nada, nunca o fixo. Só garante que un sabe ler e entenderse co seu entorno intelectual. O resto se aprende rodando e aquí de rodar… mais ben pouco.

A inmigración foi un problema. Falso. Erro semántico. O problema é a emigración, que desertiza a Costa da Morte e outras moitas partes de Galicia en prol dun soño irrealizable. O resto do mundo esta igual de mal ou peor se un non é enxeñeiro ou técnico superior de FP. Os peóns de albanel non valen nada.

España entrou na modernidade. Falso. Parte de España, unha parte moi pequeña, entrou nunha certa modernidade mal entendida de hiper-consumo e despilfarro. O resto segue nos anos 80, agardando por infraestruturas, medios técnicos e industrialización. Pouco menos que a distancia entre o medievo e o renacemento.

A culpa é do estado das autonomías. Falso. O que non se pode, como xa teño dito, é culpar a algo inventado de ser o culpable de nada. O estado das autonomías é unha falacia. Non hai un so libro fora de España que defina nada parecido. Isto, repito, é un estado federal. O problema deriva de chamarlle a unha vaca boi e pretender sacarlle leite. Nin a tiros.

Traballamos pouco. Si. En España hai, aló menos, 350 persoas no Congreso e 200 no Senado que non fan nada de nada. E outro pico importante en parlamentos autonómicos, Deputacins e nalgún concello grande. Os demais curramos como cabrons ou morremos a fame. Isto é así. O que temos é que organizarnos como é debido, algo que chegará, Deus mediante, cando chegue a modernidade. Esperemos sentados.

A transición do franquismo a democracia foi un éxito. Falso. A transición foi un conto para que catro listos (rei incluido) continuasen a perpetuar un xeito de vivir das mamandurrias (Aguirre dixit) ao que xa se tiñan afeito. A transición é unha sorte de renuncia a xustiza mais elemental en prol de manter un status quo que so beneficiaba a Botin e a catro amigos. O demais é un conto para vellas. Queda moito camino ata lograr un país democrático e quen pensé o contrario ou esta cego ou é tonto.

Temos vivido moitos anos por enriba das nosas posibilidades. Falsísimo. Eu non. Os traballadores vivimos segundo se podía vivir en función das rendas e do crédito dispoñibles. Senón podíamos endebedarnos do xeito que o fixemos a responsabilidade era de quen prestaba e de quen facía posible prestar así (o goberno de turno). Seguro que houbo quen viviu por enriba das suas posibilidades pero nin vive na Costa da Morte nin o fixo traballando. No PP e no PSOE saberán

Os mercados son incontrolables. Falso. Tralo crack do 29 os EEUU non querían mais contos e o congreso aprobou unha lei ben simple. Dende o 39 os bancos de inversión e a banca privada non podían manexar os mesmos activos. E dicir, os “mercados” que traballaban con accions, bonos e letras en bolsa a nivel nacional e internacional non podían funcionar ao tempo con cartos de pequenos clientes, empresarios ou traballadores. Así se viviu o maior periodo de prosperidade na historia americana, 50 anos. Reagan, no 1980, fulminou esa lei e eliminou os regulamentos do mercado americano. De aí ao desastre actual simplemente tempo e ambición. Os mercados son entes e os entes os dirixen persoas. Prohiban, regulen, vixien. É moi simple.

A culpa é dos políticos. Por suposto. E de aqueles que os acariñan coma se foran cachorros sen dono. No mundo real, cando alguen non sabe ou non pode facer algo, apartase e outro se encarga de facelo. Na política, cando sucede o mesmo o inútil correspondente enreda ata que a culpa parece dos elementos e do destino antes que súa. É simple. Senon saben que marchen e que pase o seguinte. E así ata que se solucione. Coma si deben pasar 600, algún valera. Seguir furando no covo nunca foi un bo xeito de sair do burato.

O que pase de aquí en diante, como ata o de agora, é cada vez menos responsabilidade nosa. Incluidas as mais graves consecuencias do golpismo do PP en Galicia, disposto a vulnerar as máis minimas formas democráticas, recurtando deputados sen consenso, so para facer boas as enquisas que lle dan unha segura derrota este inverno nas eleccións.

Golpistas, simplemente. Eles saberán o que fan.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios