venres. 09.05.2025
El tiempo
10:50
08/04/11

Dinosaurios

Triceratops, Tiranosaurus Rex, Velociraptores. Animais, reptís a maioría, que ocuparon o planeta por milleiros de anos, reinando sen oposición na superficie toda do planeta, terra, mar e aire. Ata que se extinguiron. Un meteorito disque. ¿Onde está un meteorito cando fai falla? Como si de herdeiros de aqueles animais asombrosos se tratara, a Costa da Morte padece hoxe un mal que a fai parecida a un cemiterio de elefantes políticos. Ese lugar onde personaxes doutro tempo, doutra era, campan as súas anchas aproveitando ata a náusea a súa última arela de protagonismo, a última flama pública, o último suspiro de exposición popular para, de paso, atascar, interromper e en ocasións desbaratar calquera asomo de evolución. A evolución sempre é cara adiante. Senón é así, de feito, cambia de nome e pasa a ser coñecida como estancamento ou involución. É alí, cara o pasado, a onde determinados elementos queren levar o noso xeito de relacionarnos coa cousa publica e é alí, o pleistoceno, a onde personaxes como os protagonistas da semana queren destinar a nosa mirada. Non teño claro que pretenden certos persoeiros que, recén chegados do paleolítico político da Costa da Morte aparecen, como puros espíritos, espectros doutro tempo político, na pura actualidade. Non, non falo dos que dende un recatado segundo ou terceiro plano tratan de aportar sabedoría e experiencia a listas políticas cheas de mocidade e enerxía xuvenil, non. Falo de auténticos dinosauros, enormes Diplodocos de varias toneladas, cargados de intereses persoais, gañas de medrar ou animo de ser, por fin, protagonistas e líderes. Esquecendo que para liderar unha persoa necesita seguidores. Sen eles non é máis que un paisano paseando. A Costa da Morte vive sumida no habitual disparate que, cada catro anos, pretende facer bo o que sempre foi malo ou converter en estadistas a simples politiquillos de bar. O mesmo disparate o que nos emperramos en denominar “Campaña electoral” como si souberamos en que consiste ou para que se supón que serve unha campaña desas. A campaña das ideas, a campaña dos programas convertese cada catro anos en algo que si entenda a maioria dos electores na costa. Nunha feira. Nunha pura e dura feira onde o que manda e o que máis berra, o que máis barato vende o xénero máis raro ou o máis demandado. Ou o que mellor pague, claro, polo máis prezado dos logros destes días. O votiño. A prebenda. O dereito polo que milleiros de persoas morreron durante décadas en Europa aquí, na nosa bisbarra, unha serie de ignorantes, unha maioria de ignorantes, decide vendelo. Ou cambialo. Polo postiño para o fillo, pola faroliña, pola pista ou pola traída. E a cambio, o voto. ¿Quen se pode sorprender así de que alguén considere asumible o ir por aí convencendo ó persoal de que esta vez, nestas eleccións, só pode votar por correo?. Cando os máis mínimos rudimentos democráticos se ignoran, o que queda é simplemente a lei da Xungla. Tempo de dinosauros. FECOM, Neria, cemiterios de elefantes cheos de dinosaurios agardando un final elegante. Imposible. ¿Cando rematara o pesadelo?.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios