Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer
Din os que saben que o ateniense Pericles ---recoñecido experto en sistemas democráticos de goberno--- está moi sorprendido polo feito inaudito de que unha mínima minoría poida impoñerlle a una ampla maioría a súa decisión. Houbo una reunión urxente na Ágora Celestial para tratar o tema dunha perigosa especie de paxaros que non son capaces de entoar unha melodía pero queren pecharlle o peteiro as alegres aves cantoras que nos espertan cada mañá.
Agora coas novas tecnoloxías da comunicación non hai conversa que no poida ser escoitada e así foi que Pericles conectou un altavoz para que os seus compañeiros da Asemblea Democrática Celestial soupesen do ben coordinado ataque do xefe dos voitres á xefa das calandrias. O agresor chamou a Casa Rosada para deixar constancia de que non é posible ningún tipo de arranxo entre voitres e calandrias. Aquí temos a histórica grabación completa ---en exclusiva--- do diálogo entre dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- SINGER: Chámoa para comunicarlle que non pense vostede que hai algo persoal no meu reclamo da débeda que Arxentina ten comigo. Polo contrario, pódolle asegurar que admiro a beleza do territorio patagónico e en especial a brancura glacial do Perito Moreno. Hai anos que espero e quero cobrar sen perder diñeiro. O adiamento non é motivo de desconto, coido é xusto ao revés xa que corresponde unha compensación por cada ano de retraso.
- FERNÁNDEZ: Nunca se me pasou pola cabeza o pensar que ten vostede algo contra Arxentina. Son neta dun galego que cruzou o mar para deixar pegada nunha nova terra. As voltas da vida fixeron que sexa eu a responsable de defender a herdanza sentimental do avó Pascasio. Así é que agora véxome enfrontada a una mentalidade mercantil que se afasta da miña cultura de esforzo honrado no traballo cotiá. Estou en clara desvantaxe co vostede porque fun educada en que un favor nun se paga. Enténdeme?
- SINGER: Creo que me quere levar ao terreo dos sentimentos. Neste campo non teño experiencia. Son herdeiro de prestamistas e continuador da vella saga de xudíos que se enriqueceron para poder honrar ao deus de Israel na intimidade do fogar. Educáronme para gañar diñeiro. Fixéronme forte os meus ancestros que morreron sen ver ao pobo de Moisés no seu templo de Xesuralén. Presto diñeiro a cambio dun interese que varía segundo sexa o risco que teña na operación. Ten algo de malo?
- FERNÁNDEZ: Que sexa vostede un gran prestamista non lle impide ter corazón. O problema é que non nos entendemos ao estar vostede violando as normas básicas de calquera operación financeira. É certo que mercou débeda pública e é certo que ten dereito a recuperar o seu investimento. Pero ten que aceptar que non todas as operacións saen ben. Fixémoslle o ofrecemento de pagarlle cun desconto e vostede negouse e estaba no seu dereito. O que non vexo normal é que agora pretenda cobrar máis diñeiro por medio dun fallo xudicial que semella ser máis unha chantaxe que un acto de xustiza. Pídolle que non se cegue.
- SINGER: Se controlo importantes fondos financeiros é porque me dedico a investir sen facer diferencias entre países. O meu diñeiro non ten ideoloxía. Son capaz de facer negocios con inimigos de Israel ao ter da miña parte ao bo deus de Sión que me guía polo camino recto. Son moi relixioso aínda que vostede non o crea ao verme así sen a kipá ou yarmulke que me poño cando estou na casa coa familia. Son un acreedor que non quere perder diñeiro despois de dez anos agardando. É lóxico que queira o que me pertence porque no meu oficio de prestamista non se perdoa nunca una débeda, sexa grande ou pequena.
- FERNÁNDEZ: Vai ter vostede que desculparme pero non coincido no da falta de ideoloxía. Coido que está negativamente ideoloxizado ao non ser quen de discernir que na vida non todo é beneficio. Por moito diñeiro que teña sempre terá pouco en comparanza doutros empresarios ou financeiros que viven os seus días con máis tango no seu corpo. O seu pobo posúe fermosos cánticos como o zemer dos sábados pero non abren o corpo á irmandade. Son cancións que unen aos membros dunha comunidade. O noso tango é solidario. Os seus proxenitores vieron de fóra. Vostede canta para dentro e nós para fóra. Aí está a razón de que non entenda que a República Arxentina é un país nobre con xente que cumpre os seus compromisos.
- SINGER: Moito me sorprende, vostede. Os meus informes non son correctos e vou ter que corrixir aos meus asesores. Definírona como una muller de cabeza oca que chegou a presidencia grazas aos parvos peronistas que lles encanta votar as viúvas. Ten cultura e coñecementos sobre a miña etnia. Eu ignoro todo sobre a forza emotiva do tango. Sempre pensei que o tango era unha música de marxinados. Vou pedir un informe a algún filósofo serio para que me indique as liñas de investimento enlugares nos que a música popular sexa fonte de reflexión. Agradézolle que me haxa vostede aberto os ollos ao mundo do tango porque quizais así arranxemos o meu reclamo de débeda mediante un novo instrumento financiero que vaia acompasado ao ritmo de Carlos Gardel ou de algún xudío arxentino que escribise tangos.
- FERNÁNDEZ: Non pense que é fácil para min dialogar con vostede. Téñoo que facer. Estou diante dunha inxustiza que pode frear o crecemento do meu país por mor dunha débeda que quixemos pagar e que vostede non quiso cobrar. Propóñolle que sexa vostede o meu convidado en Bos Aires. Por favor, faga o esforzo de achegarse comigo unha mañá de domingo ata a praza Dorrego. Abondarálle con ver as parellas porteñas bailando para axiña comprender que a danza representa o triunfo dunha nova identidade baseada no amor ao novo niño no Prata. Cando volva a súa oficina despois de pisar as beirarúas de Avellaneda, da Boca ou de San Telmo sentirá que lle falan as voces ancestrais dos xudíos do “Once” que o aconsellan: No seas boludo, Paul, pensá un poquito. A vos te gusta cantar. Aprovechá entonces para negociar el pago aplazado de los bonos a cambio de unas clases intensivas con la gayega Stella Díaz. Enseguida aprenderás ---si dejás de pensar en los dólares--- y te sentirás dueño de la riqueza única de un tema bien interpretado. Con Argentina estás desafinando. Tenés que reconocer que la erraste y seguir empeñado en tu error te hará perder la satisfacción de ser Gardel una hora de tu vida.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).