Envexa
11:50 07/01/11
Feitos. Cee é unha localidade comercial. Unha vila de case oito mil veciños censados no termo municipal, catro mil no casco urbano da capital, onde as tendas e os servizos levan o peso fundamental da economía diaria. Para sustentar todo isto, unha única industria surte de fondos o torrente económico local. Unha fabrica con máis dun século de historia establecida na localidade e que monopoliza case na súa totalidade as actividades do porto industrial, único en cen quilómetros a redonda. Máis de 700.000 euros o mes en soldos para traballadores que residen aquí. Eles e as súas familias.
Máis feitos. Nesta fábrica traballan veciños de toda a comarca, mesmo de fóra dela. De Cee, si, pero tamén de Fisterra, Corcubión ou Dumbría. E tamén, menos, de Muxía ou Vimianzo. De Carnota. E igualmente no comercio local. Inversores de dentro e de fora de Cee gañan e perden en negocios feitos en base a que Cee sexa o centro e motor económico principal da zona. Isto implica unha serie de beneficios, moitos, e algúns prexuízos, poucos pero crecentes ano a ano.
Cee non elixiu ser así. Unha serie de circunstancias, feitos históricos, quixeron que as cousas fosen así. Un filántropo que doa a súa fortuna de toda unha vida de éxito comercial o lugar que o viu nacer, e ademais soa e exclusivamente destinada a educación. Unha fabrica que, na vez de conservas, pretende a produción de aleacións metalúrxicas. E que, ademais, acepta a importancia e os beneficios dunha plantiña ben pagada e acorde a un convenio colectivo xusto. Mellores soldos, mellores condicións, mais beneficios sociais. E dende os anos setenta. Unha poboación que, en base a ese impulso e a educación, decide liderar un cremento comercial inadecuado, a vista dunha serea comparación co entorno. Todo vilas mariñeiras, ou agrícolas e gandeiras. E no medio Cee, dando a nota, como sempre.
Un pasado así só podía derivar, a estas alturas da película, nun centro de comercio e negocios. Pero a mensaxe leva implícito algo máis. Algo feo pero, sobre todo, falso. Un sentimento propio dos humanos e tamén, por desgraza, puramente galego. A envexa.
Cee se debe e vive da comarca que o circunda. Nada sería posible sen os veciños de Dumbría, de Fisterra ou de Muxía que, día tras día, se achegan a ocupar os postos de traballo que desempeñan en Cee, en empresas de Cee. Nada seria posible sen que estes e outros veciños acudiran a gastar os seus cartos a esta mesma vila. Nada. Pero, atención, isto non da dereito a nada máis que a este agradecemento e, para os traballadores citados, os seus respectivos soldos e beneficios sociais legalmente establecidos. E punto.
Cee non debe desculpas, non ten porque pedir permiso para existir. Cee non roubou, manipulou ou enganou a nada nin a ninguén para ser o que é. Nunca. Nin vivimos dun “rancio abolengo” baseado en nonseique dereitos medievais, nin pola nosa culpa Dumbría, Muxía ou Corcubión son mais e mais pequenos cada ano. Nada que ver. Ningún dereito foi transgredido, ninguén foi utilizado sen o seu consentimento. Nunca.
Isto e outras cousas me motivan a facer hoxe esta apreciación do que, como sempre, non é mais que a miña opinión. Cando escoito como personaxes de diversas procedencias, naturais de Dumbría, Fisterra, Muxía ou Vimianzo insultan, ofenden ou vituperan a vila na que nacín e na que vivo porque “Cee sempre o leva todo” ou “¿Por qué a autopista vai ter que chegar ata Cee?” penso “¿é que?”. Solo faltaría que, por arriscar, por aceptar e por progresar un tivera que pedir desculpas.
Cee se basea nunha premisa sinxela. Si funciona e produce beneficios vale. Senón, pois non. E fin. Temos en marcha un valor, mellor ou peor levado pola administración que toque, certo, pero que sobrevivira sempre que xire e avance. Negocio pechado, negocio aberto. Bar pechado, local ocupado. Todo nunha sucesión sen fin e baseada na audacia, no atrevemento e na ilusión do comerciante, empresario ou inversor. E, ollo, sen mirar nin procedencia nin “carné” os negocios funcionan ou non. En función a súa ubicación, a súa oferta e o seu servizo. Como marcan as leis non escritas do capitalismo mais puro e exasperante. Pero este é o mundo que toca, e aquí estamos para sobrevivir nel. ¿Qué culpa temos nos de que o resto dos veciños de municipio preferisen seguir empantanados en actividades económicas que so sobreviven a base de subvencións?, ¿Qué culpa teño eu, ou calquera aquí censado de que os Fisterráns sexan coma son e non podan vivir “sen o mar”?. ¿Qué culpa teño de que en Vimianzo, cun patrimonio 11 veces superior o de Cee en terreos e madeira, os veciños preferisen que os baixos comerciais quedaran criando po, na vez de alugados e xerando cartos e traballo?. ¿Teño a culpa eu ou o municipio no que vivo de que os naturais de Corcubión decidisen abandoalo sistematicamente para residir na Coruña ou Compostela, deixando no maior dos abandonos un dos cascos históricos mais prodixiosos de toda Galicia?
A total anormalidade que é Cee non merece ese trato. Non merece insultos, nin que aqueles que se lucran en base a súa existencia o traten de ”vila mediocre” ou “pobo feo e desaliñado”. Non. E menos cando os que, despois, non podemos aparcar ou temos que sufrir os excesos alcohólicos da marcha nocturna sobre o mobiliario urbano (que pago eu, non un Fisterrán nin un Corcubiones) somos os aquí censados e residentes. Non é de recibo.
Permitide hoxe esta pequena “chorada” sen maior intención que deixar ven as claras que é igual de localista defender a vila de un contra vento e marea e sen maior visión, que dedicarse a insultar a dos demais porque nos consideramos inxustificada e fantasiosamente afectados por un suposto “beneplácito” que se outorga a unha vila tan lonxana, mediocre e illada como a nosa. So unha pequena pataleta sen maior pretensión que demostrar a eses que tanto falan que sabemos o que din. E que sabemos porque o din.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.