venres. 19.09.2025
El tiempo

O grupo de Teatro local de Camelle leva o seu "Bar de Chirivito" á completa finde do Camping Lagomar

Teatro  Local de Camelle
Dúas protagonistas do Grupo de Teatro Local de Camelle
O grupo de Teatro local de Camelle leva o seu "Bar de Chirivito" á completa finde do Camping Lagomar

Esta noite, a partir das 21:00h, o Camping Lago-mar de Merexo acolle a visita do Grupo de Teatro Local de Camelle. Os actores e actrices camelláns chegan con “O Bar de Chirivito”, a primeira obra que fixo o grupo como tal, que xa leva dous anos de ruta, pero que tanto gusta e que aínda non fixera parada e fonda no activo camping muxián.

Teatro  Local de Camelle 2
Outros actores do grupo camellán

A obra conta a historia de Manolo Chirivito, que ten unha taberna moi especial na que a clientela non deixa indiferente a ninguén: un ladron, un enfermo, un atleta, unhas lerchas, unha peregrina, unha meiga, unha pescadeira… Todos pasan polo bar a contar as súas cousas e todos teñen algo en común: todos marchan sen pagar. As risas están aseguradas.
Entre o elenco están Luís Prixelo (Chirivito), Marga (borracho), Lolo (ladrón), Demi e Socorro (verduleras), Pilar (a cega), Eva (a de Correos), Maria (a mariscadora), María José (turista inglesa), María del Mar (cagona), Adela (Generosa), Belen (Honorato), Lucia e Carlos (namorados) e Ismael Cernadas (corredor).

A finde do Camping de Merexo non remata aí, porque o sábado ás 19:30h chegan dende Vigo co seu blues e soul en galego a banda Allo Negro.

E para a sesión vermú do domingo, ás 13:30h, Noel Mckay, un estadounidense de Texas afincado en Galicia, que trae todo o seu sabor norteamericano.

Outras novas

Comentarios