Feitos
Perpetraron unha fraude. Afirma o dicionario nunha das súas acepcións que é a “Acción contraria á verdade e á rectitude, que prexudica a persoa contra quen se comete”. Certo, xusto no cravo.
Perpetraron unha fraude. Fixérono contra centos de persoas, a plena luz do día, sen inmutarse e conscientes de estar cometéndoa. Fixérono por razóns, razóns que non me importan o máis mínimo nin a min nin os centos de afectados pola fraude. ¿Por qué unha fraude?. Simple. “Nin por acción nin por omisión”. Así de simple.
“Nin por acción nin por omisión”. Di o mesmo dicionario que a acción é o “resultado de facer”. Aquí non se fixo, se desfixo, se esqueceu, se hipotecou, se aceptou sen remorso nin vergoña, sen palabra nin respeto por ela. Así que será por omisión. Omisión; Abstención de facer ou dicir. Xusto. Nin fixeron nin dixeron, aló menos non dixeron nada útil ou acorde a porque se rompe a palabra dada, porque se abandona o discurso en base o que centos de persoas votaron unha determinada opción na vez de outra. Non dixeron porque se esquece que se prometeu que “nin por acción nin por omisión”. Porque foi por omisión, así de sinxelo.
Perpetraron unha fraude. Fixérono os que votaron que nunca, que endexamais aceptarían pacto algún cos da dereita, cos dos cornos e o rabo. Fixeron o mesmo que ao longo de décadas demandaron dos demais e actuaron do xeito que habitualmente condenan, é dicir, os sectarizados volvéronse sectarizadores. Os radicais confirmaron o radicalismo. E, ó tempo, quedaron sen palabra nin capacidade para recuperala.
Perpetraron unha fraude, “nin por acción nin por omisión”. ¿Acaso non sabía a asemblea que o portavoz do partido dicía isto nos medios? “Nin por acción nin por omisión” ¿Acaso agardaban que todo o mundo fora igual de desmemoriado que os votantes da outra parte, que os obtusos votantes dos delincuentes e presuntos delincuentes?
Perpetraron unha fraude, e iso sitúaos a mesma altura do que querían evitar. A mesma altura moral, claro, a outra, a legal, é unha cota demasiado profunda para que ninguén salvo eles, os corruptos, a podan ocupar. “Nin por acción nin por omisión”… era tan sinxelo, tan evidente que simplemente tiveron medo. Medo a non poder pedir contas e a ter que rendelas, medo a quedar en evidencia como pésimos xestores. Non o sei, pero tampouco me importa. Demandaban dos demais claridade, veracidade, responsabilidade, certeza. Pedían o resto que foran consecuentes, que foran xustos e democráticos e esqueceron a primeira regra; non esquecer nin romper a palabra dada.
Perpetraron unha fraude. E non o fixeron en solitario. ¿Por qué en Corcubión BNG e PSOE non pactan?. Existe un acordo a nivel galego que, supoño, os que son cargos políticos comarcais deste tipo de forzas deberían respetar, sen embargo ¿Por qué non se pacta?. Non o fixeron en solitario. Xente que nin é de Cee nin o foi nunca aportou, opinou e decidiu por enriba da vontade dos defraudados, dos timados, de aqueles os que se debe maior respeto. Todo o mundo decidiu, salvo os que debían facelo, e que amosaran claramente o seu dictado. “Nin por acción nin omisión”, dixeron.
Perpetraron unha fraude. E serán xulgados por elo. Por min xa o foron. Perderon o meu respeto para sempre. ¿Acaso non sabían que deran unha palabra… e que a palabra dada é o único que nos quedaba?. Agora non teñen nin iso. ¿Quen vai crer nada do que prometan agora?. Digan o que digan, apelen o que apelen sempre poderán dicir “Non teñen palabra. Perpetraron unha fraude”.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.