Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó
A historia da emigración galega ao Río da Prata indica claramente que foi un fenómeno social eminentemente urbano. A maioría dos nosos irmáns botaron raíces e buscaron abeiro nas urbes de Bos Aires e Montevideo. A capital da Banda Oriental do río Uruguai tivo sempre as portas abertas ao esforzo das nobres mans galegas que axiña se acriollaron arredor dun mate quente no fogón de Artigas.
Non hai rúa nin barrio montevideano sen unha familia galega que deixese alí a súa pegada sentimental; pero iso non significa que non houbese emigración máis aló dos lindeiros da cidade-porto que fundou o capitán Zabala o 24 de decembro de 1726. Se imos ata Durazno ---pertiño de Sarandí del Yi--- atopamos que alí está a “Capilla de Farruco”,un monumento histórico nacional erguido polo galego de Paraños [Covelo] Francisco Rodríguez Alonso.
Sen ir buscar persoeiros famosos temos moitos uruguaios, con e sen sangue galego, que son firmes defensores da cultura da terra de Rosalía de Castro. En Piriápolis temos a Rafael Meilán Bello e en Tacuarembó a Carlos Arezo Posada. Rafael é fillo e neto de lucenses e Carlos descende dunha vella estirpe navarra do Roncal [na orixe o seu apelido era Areso]. Ambos os dous coinciden nos seus altos cargos xa que son directores xerais nos seus departamentos [concellos] de Maldonado e Tacuarembó; en Obras e Cultura respectivamente.
Os meus amigos teñen diferente formación académica e tamén partido político pero están unidos polo sentimento galego que nun caso é froito do seo familiar e no outro da amistade cun compañeiro da infancia. O meu prezado don Manuel Meilán Martínez, pai de Rafael, deixoulle un legado de galeguismo logo dunha vida dedicada a loitar polos dereitos nacionais de Galicia. No caso de Carlos foi o seu grande amigo Xosé Monterroso Devesa o que o fixo apaixoarse pola historia de Galicia a través da senlleira figura do médico de Laxe, Ramón Juega.
O fermoso balneario de Piriápolis que é onde reside Rafael foi admirado e louvado por Castelao, Colmeiro, Blanco Amor e Maruxa Villanueva. A nosa “Raíña do Alalá” pasou moitos veráns polos areais e os montes da cidade fundada por Francisco Piria.
Alí foi moi feliz. Sempre recordaba na súa casiña do fondo da Casa-Museo de Rosalía, en Padrón, cando ía a cabalo pola aba do cerro de San Antonio logo de facer un alto na fonte do Cerro del Toro. O seu aloxamento era no Hotel Argentino. Agora o bo de Rafael que é home de palabra non esquece unha promesa que fixo e quere homenaxear a aquela enorme actriz que viviu sempre con Piriápolis no seu corazón. Os queiran emocionarse poden ler o texto do discurso no que Rafael toma posesión como intendente [alcalde] transitorio de Maldonado con motivo das vacacións do seu titular.
Polos verdes campos do norte uruguaio, en concreto na Estancia Santa Blanca [Valle Edén], naceu Carlos Gardel. O egrexio cantor é a figura emblemática sobre da cal basea Arezo Posada a promoción internacional do seu pago que está a facer desde a Intendencia Departamental de Tacuarembó. Hai unha faceta da vida de Gardel [Carlos Escayola Oliva] na que Carlos quere insistir.
Trátase de rescatar ao Gardel Emigrante. Está pensando en organizar un Congreso Internacional. Os historiadores do tango afirman que obra do orixinal creador está marcada polo seu agachado nacemento ao ser fillo ilexítimo do coronel Escayola e pola súa condición de emigrante en Bos Aires. Carlos pensa que a Xunta de Galicia pode colaborar nos gastos de desprazamento –agora poder ser en tren- desde Bos Aires da cantante Graciela Pereira. A súa interpretación de tangos en idioma galego será un éxito que unirá en irmandade solidaria a Galicia con Tacuarembó.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .