luns. 11.11.2024
El tiempo
08:30
30/11/12

Glass-Steagall

Glass-Steagall

Nesta labor que me teño imposto de tratar de aprender algo cada día e, na medida das miñas posibilidades, espallalo ós catro ventos, hoxe creo adecuado falar dunha lei que, como tantas outras cousas, é parte primordial do actual momento nas nosas vidas, puteados, estafados e vítimas dun atraco institucional para solucionarlle a papeleta as elites financieiras.

A crise financeira chegou por mor dunha desregulación masiva da banca que comezou a facer o que lle petou e. Así, a endebedarse a si mesma e mesmo ós estados nos que residía. Se asuminos esta premisa, podemos concluír en varias preguntas sinxelas, por exemplo, en que consiste unha “desregulación”?, se houbo unha desas, quen foi o que a promoveu?, quen a executou? E para concluír, por que?

E aínda que pareza mentira todo ten resposta na mesma frase. Lei Glass-Steagall.

Despois do crack do 29 nos EEUU o forno nos estaba para bolos. Tiñan claro que a razón básica de aquela crise estivera no total despelote en que se converteu Wall Street, o mercado de valores, a bolsa. Calquera podía investir, si, pero ademais calquera podía facelo sen control algún, sen medida e sen regulación. Desde o seu banco de toda a vida, panadeiros, choferes ou lavandeiras compraban accións, ata lograr que o mercado se saturase de títulos sen valor real e acabase petando aquel outubro do 1929.

Así as cousas, no 1933, o congreso dos estados unidos aprobou a denominada Lei Glass-Steagall tamén coñecida como “Banking Act” de los Estados que entrou en vigor o 16 de xuño de aquel ano e que en resumo estableceu a denominada “Corporación Federal de Seguro de Depósitos (FDIC nas súas siglas en inglés)”. Esta corporación introduciu unha serie de reformas bancarias destinadas a controlar a especulación. A sua principal característica foi a seguinte.

Esta lei establecía unha separación entre a banca de depósito (a de toda a vida) e a banca de inversión (destinada unicamente a bolsa de valores). Esta lei foi promulgada pola administración Roosevelt para evitar que se volvera a producir unha situación como a vivida no 1929 e logrou para aquel país (e para outro fato deles en todo o mundo) unha estabilidade financeira que chegou sen demasiados cambios ata os nosos días.

En base a esta lei, respectada en todo o orbe, os aforradores podían poñer os seus cartos en cómodos depósitos e medio e longo prazo, obtendo a cambio uns réditos mais que sensatos (de entre un dous e un seis por cento, dependendo do momento) e asegurándose ademais a solvencia dos seus ingresos.

Mentres, noutro nivel distinto, os “brokers” e “tiburóns” da bolsa, xogaban o seu xogo no “parke”. Arriscado, aventurado, difícil, de auténtico casino. Un mundo irreal. Nada que ver con gañar o pan co suor da fronte.

E así ía todo estupendamente ata 1999. Ese ano, tensións derivadas do enorme engordamento dunha entidade, Citybank, promoveron un debate nacional nos estados unidos sobre a conveniencia de eliminar esta lei que puña trabas a que as entidades utilizaran tódalas vías posibles (a da puramente bolsística e a natural) para financiarse e ofrecer servizos. E así, a lei foi derrogada o 12 de novembro do 1999. Dende ese momento os bancos comercias puideron tomar máis riscos e apalancarse (dar marxe as perdas ata un nivel previamente coñecido) máis, xa que eran ao mesmo tempo bancos comerciais e de inversión.

Esta relaxación (por chamarlle así) na regulación foi unha das orixes da crise financeira iniciada no 2007. As graves consecuencias provocaron que agora se solicite dende diversos estamentos unha regulación e supervisión máis dura das institucións financeiras.

Unha regulación que impida as preferentes, que impida hipotecas outorgadas ao 120% utilizando tasacions interesadamente avultadas. Unha regulación que impida que Bankia declare beneficios en 2011 e unha quebra descomunal en 2012 sen que iso sexa delito, unha regulación en definitiva que “regule”, algo que actualmente non existe.

A eliminación da Glass-Steagal esta detrás de todo isto e, paradoxicamente, non foi un republicano quen a promulgou. No 1999 o presidente dos EEUU era… Bill Clinton. Un “perigoso” demócrata. Igual que Obama.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Fonte

Comentarios