Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:26
03/07/10

Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda...

Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda...
Continuamos con esta proposta salgada que nos traen Xusto Fisterra e o muradán Manuel M. Caamaño, as súas bitácoras tan vencelladas ao mar. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, da man de Xusto, damos un sentido repaso ao naufraxio do Gran Soleiro II.

Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda...

Image Era o día 24 de abril do 1987, cando despois de faenar, o barco Playa da Cruz, dirixíase cara o porto de Muxía. Había mar de sudoeste, levaba posto o canal 16 de VHF, cando… escoitou un aviso de Protección Civil, indicando que un barco dera volta no coido de Touriñán. Sen dubidalo un intre, o patrón puxo rumbo cara o lugar do naufraxio, alertou á súa tripulación e doulle avante a toda, o tempo... como el ben sabía, era crucial para efectuar o salvamento. Mentres, a tripulación preparaba na cuberta os cabos e aros salvavidas, sabedores de que, farían falta. Chegaron ao lugar, e viron o barco volteando con cada golpe de mar. Tamén divisaron efectivos de Protección Civil por terra. Divisaron, entre a escuma, dous homes, pero... había bastantes cabos do barco aboiando, tamén había vento do sur en contra, a manobra era arriscada… Non era intre de dubidar. A eses homes, había que quitalos do mar. Un destes naúfragos, debido os golpes de mar era empuxado cara a terra. Ollaron para o outro e, decidiron ir a por el e, tiráronlle un aro salvavidas amarrado cun cabo… O mar e o vento alonxábano. O pobre, case sen folgos non podía loitar en contra do vento. Quería pero… non era capaz, mentres, o aro salvavidas, era lanzado repetidas veces ,máis… era case imposible. Un dos tripulantes ofreceuse a tirarse o mar amarrado con un cabo para rescatalo, entón foi cando… logrou asirse o aro, foise tirando pouco a pouco por se se soltase tivese o aro máis preto. Así, fóronno arrimando ao barco, mentres o que estaba máis preto de terra, era rescatado por Protección Civil. O naúfrago, chegou ao costado do barco e cando o puxeron a bordo, ollou pra eles... A súa expresión dicíao todo. Agradeciulles aos seos rescatadores e… desmaiouse. Voltaba en sí e desmaiaba de novo, sufría de hipotermia debido ao tempo que estivo na auga. Os mariñeiros do Praya da cruz, apresuráronse a quitarlle a roupa e envolvelo en mantas; puxéronno no sitio máis quente do barco, ao lado do motor, mentres, o barco dirixíase ao porto. Os mariñeiros dabanlle ánimos, dicíndolle que estaban preto de terra… que xa chegaban, que todo ía ben, máis... o que non sabían, era que un terceiro tripulante que ía cos naúfragos xa non voltaría. Os dous que se salvaron, cando sufriron o accidente mantíñano a flote debido a que pouco sabía nadar, pero… o terceiro tripulante foise. Entre o tempo que levaban na auga, e, os golpes de mar estos soltáronse, e… cada un tivo que preocuparse da súaa propia vida. Esto todo, era observado por un pescador que estaba nas rochas no momento do percance, e foi el, o que, dou aviso a Protección Civil, a manobra do Praya da Cruz, foi meritoria e arriscada, máis, valeu a pena. Salvou a Ambrosio Carril Martínez de 28 anos, mentres que fixo o mesmo Protección Civil con Francisco Carril Martínez de 30 anos, non poidendo ter a mesma sorte o primo de ambos, Marcos Samil Carril, todos eles de Camariñas. Unha vez máis a Costa da Morte fixo honra ao seo nome…

Comentarios