Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:19
28/08/10

Historia dun espolio

Historia dun espolio
O día primeiro de abril de 1882 unha abordaxe fíxose sonada no mundo enteiro. O Douro, un correo inglés dos que empezaban a meter medo a algúns pola súa envergadura, un barco mimado da Mala Real, Royal Mail Steam Packet And Company, e o Irurac Bat, un correo español misto da navieira vasca Olano, Larinaga y Compañia, chocaban preto das augas de Fisterra, sitio preferido por tantos e tantos navíos para rematar as súas singraduras, aínda que, tópicos aparte, podían terse abordado e afundido en calquera outro mar, como ben confirma a historia. Unha vez máis a desgraza asolaba as nosas costas , cando a morte volvía a apoderarse daqueles grandes barcos, que parecían invencibles, coma se foran invulnerables a todo mal, pero que, no fondo eran como o mais humilde dos botes de remos, sempre pendentes das acometidas do mar e dos fortes ventos. É curioso que o accidente entre o Douro e o Irurac Bat sexa lembrado máis pola carga que se perdeu nas súas bodegas, que pola morte dos seus tripulantes, pois levaba dentro delas dez mil soberanos de ouro. Agora vén a parte a parte vergoñenta desta historia. En setembro do ano 1996 salia na prensa unha abraiante nova: "El cuerpo principal de la subasta lo componen más de mil soberanos de oro magníficamente conservados, entre otras piezas y efectos del buque. La mayoría de los soberanos corresponden al reinado de la Reina Victoria y fueron acuñados en Londres, Melbourne y Sydney. También incluyen otros ejemplares con la popular imagen de San Jorge y el dragón, acuñados al final del reinado de Jorge III. El valor de estas piezas se sitúa entre las 20.000 y las 200.000 pts por unidad según el año de acuñación. Revisten también especial interés los soberanos de Australia, entre ellos un grupo del primitivo tipo acuñado en la ceca de Sydney entre 1818 y 1870. El soberbio estado de conservación de las piezas australianas que saldrán a la venta se explica por el hecho de que nunca circularon ya que habían sido recogidas de un banco de Lisboa en la escala anterior del DOURO." Un grupo de caza-tesouros suecos,franceses e italianos espoliaron da maneira mais burda os restos do Douro ante a total indiferenza das autoridades españolas , que non se enteraron ou non quixeron enterarse do que alí pasou. Cunha culler montada abordo de un vello mercante, destriparon as entrañas de ferro do vello Douro para arrincarlle o seu tesouro. Concibe alguén que un grupo de aventureiros poida chegar aquí á nosa terra e nun castro calquera facer escavacións para apoderarse de canto alí atopen? Saltarían as alarmas por todos os currunchos. Pois ante o espolio do Douro non pasou nada, tan só a 20 millas da nosa costa. Sigamos así coidando a nosa historia e o noso patrimonio, os nosos fillos hánnolo de agradecer.

Máis información

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios