Hoxe: A carreira (Zas, 1956)
O punto de partida da gran carreira era un fervedoiro de xente. Os altofalantes resultaban case inaudibles polo alboroto do público congregado. Na liña de saída, Lucio concentrábase intensamente para illarse dos escandalosos asistentes ao evento. Este tiña que ser o seu momento. A pesar da lixeira dor muscular que castigaba o seu pescozo. A pesar da sufocante calor que asfixiaba nesa tarde de agosto. A pesar de que os representantes de Zas corrían en casa e levarían os maiores ánimos. A pesar de todo.
O pasado ano escapáraselle o triunfo nos últimos trinta metros, cando o participante de Muxía pegara un arreón inexplicable que lle levou do cuarto ao primeiro posto nun santiamén. Lucio non era suspicaz, pero outros competidores realizaran cábalas ao final da carreira acerca do que poidera inxerir o muxián.
"Intelixencia, Lucio, sobre todo moita intelixencia". A estratexia era a clave. Administrar adecuadamente as forzas para non desfalecer na rampla final. Permanecer no pelotón de cabeza ata a penúltima subida, onde debería acelerar para liderar a proba. Recordaba ao milímetro o percorrido do pasado ano e estudara concienzudamente aos seus máis destacados rivais. Se o outro membro do equipo non fallaba máis da conta, a victoria non se escaparía.
O seu compañeiro, Balbino, era voluntarioso pero curto de luces. Non concibía a necesidade de adaptación ao tipo de circuíto e a súa táctica era previsible para o resto dos concursantes. Terco como unha mula, os reiterados fracasos en diferentes certames non conseguiran rectificar o seu modus operandi. Lucio contaba esta vez con que a súa brillante planificación paliase a esperada torpeza do seu socio.
Pero estaba equivocado. Uns inoportunos viños consumidos por Balbino pouco antes do comezo da competición provocaron neste un descontrol que conduciu ó desastre. Ao habitual rosario de fallos técnicos, uníu esta vez Balbino un recital de asnadas producto da desinhibición vinícola. O alcol botou por terra non só as esperanzas de éxito, senón ao propio Balbino, caído aparatosamente do lombo de Lucio cando estaban a piques de gañar a carreira de burros de Zas de 1.956.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997).
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).